Abrir o menú principal

Cambios

algo máis desde a wiki .es
{{1000}}
[[Ficheiro:Ultiwavelength extreme ultraviolet sun.jpg|miniatura|250px|dereita |Imaxe ultravioleta do sol]]
A '''radiación ultravioleta''' (UV) é a [[radiación electromagnética]] cunha [[lonxitude de onda]] menor que a da [[luz]] visíbel e maior que a dos [[raio X| raios X]], está comprendida aproximadamente entre os 400 [[Nanómetro|nm]] (4x10<sup>-7</sup> [[metro|m]]) e os 15 nm (1,5x10<sup>-8</sup> m). O nome significa ''máis alta que (alén do) [[Violeta (cor)|violeta]]'' (do latín ''ultra''), polo feito que o violeta é a [[cor]] visíbel con lonxitude de onda máis curta e maior frecuencia.
== Descubrimento ==
 
O descubrimento da radiación ultravioleta está asociado á experimentación do oscurecimiento dos sales de prata ao ser expostas á luz solar. En [[1801]] o físico alemán [[Johann Wilhelm Ritter]] descubriu que os raios invisibles situados xusto detrás do extremo violeta do [[espectro visible]] eran especialmente efectivos escurecendo o papel impregnado con [[cloruro]] de [[prata]]. Denominou a estes raios "raios desoxidantes" para enfatizar a súa [[reactividade]] química e para distinguilos dos "raios calóricos" ([[William Herschel#Outros descubrimentos e teorías|descubertos]] por [[William Herschel]]) que se atopaban alén do espectro visible. Pouco despois adoptouse o térmo "raios químicos". Estes dous térmos, "raios calóricos" e "raios químicos" permaneceron sendo bastante populares ao longo do [[século XIX]]. Finalmente estes térmos foron dando paso aos máis modernos de radiación [[Radiación infravermella|infravermella]] e ultravioleta respectivamente.<ref name="hockberger">{{cita publicación periódica
| autor = Hockberger, P. E.
| título = A history of ultraviolet photobiology for humans, animals and microorganisms
| ano = 2002
| revista = Photochem. Photobiol.
| volume = 76
| número =
| id = 561-579
| url = http://www.ncbi.nlm.nih.gov/sites/entrez?cmd=Retrieve%5C&db=pubmed%5C&dopt=Abstract%5C&list_uids=12511035
}}</ref>
 
==Características==
 
A lámpada de luz negra non conta co revestimento de fósforo, deixando así pasar toda radiación ultravioleta. Un efecto fluorescente interesante pode ser obtido a partir da radiación ultravioleta en calquera superficie que sexa revestida con [[Tinturaría#Branqueamento óptico|branqueador óptico]] (presente na maioría das marcas de xabón en po). Faise unha solución de xabón en po e auga, úsase esta "tinta" para escribir ou deseñar calquera cousa na súa roupa (de preferencia escura, para que o efecto sexa maior) e na presenza de radiación ultravioleta (nunha boate por exemplo) as marcas ficarán visíbeis.
==Notas==
 
{{listaref}}
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
{{Espectro electromagnético}}
98.613

edicións