Bangladesh: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado información tirada da en.wiki
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 50:
'''Bangladesh''' (en [[Lingua bengalí|bengalí]]: বাংলাদেশ), formalmente '''República Popular de Bangladesh''' (en bengalí: গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশ ''Gônôprôjatôntri Bangladesh'') é un estado do [[sueste asiático]], localizado no fértil [[delta do Ganxes]]. Fai fronteria coa [[India|República da India]] polo norte, oeste e leste, con [[Myanmar]] polo sueste e coa [[Baía de Bengala]] polo sur. Está separado do [[Nepal]] e de [[Bután]] polo territorio indio coñecido como [[Corredor de Siliguri]]. Xunto co estado indio de [[Bengala Occidental]], forma parte da rexión etno-lingüística de [[Bengala]]. O nome de ''Bangladesh'' significa "País de Bengala" en [[lingua bengalí]].
 
As fronteiras da moderna Bangladesh foron delimitados durante a [[Partición de Bengala (1947)|Partición de Bengala]] e a [[Partición da India|India británica]] en 1947, cando a rexión se converteu nunha rexión do estado de [[Paquistán]]. Debido á exclusión política, á discriminación étnica e lingüística, á dominación económica polo estado de Paquistán e a unha combinación de axitacións populares, o [[nacionalismo]] e a [[desobediencia civil]] conduciron á [[Guerra de Liberación de Bangladesh]] en 1971, que resultou na separación e [[independencia]] mediante a formación do estado de Bangladesh. Despois da independencia, o novo estado proclamou unha [[democracia]] multipartidista secular. O país afrontouse dende entón á pobreza, á fame, á inestabilidade política e a numerosos golpes militares. A restauración da democracia en 1991 foi seguidoseguida dun relativo período de calma e progreso económico.
 
Bangladesh é unha [[república parlamentaria]] cun parlamento electo chamado [[Jatiyo Sangshad]]. Cunha poboación de máis de [[Demografía de Bangladesh|160 millóns de persoas]] nun territorio de 147.570 km2, Bangladesh é o [[Lista de países por poboación|oitavo país do mundo máis poboado]], así como o estado máis densamente poboado do planeta. Os [[bengalís]] son o grupo étnico maioritario do país, mentres que pobos indíxenas dos distritos do norte e do sueste son unha minoría diversa e significativa. A rexión do delta de Bengala ten un rico [[patrimonio cultural]]. As catro meirandes relixións do país son o [[islamismo]] (89%), o [[hinduísmo]] (9%), o [[budismo]] (1%) e o [[cristianismo]] (0.5%).