Follas Novas (A Habana): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
completo info
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 8:
'''''Follas Novas''''' publicouse uns meses despois de desaparecer ''[[La Tierra Gallega (1894)|La Tierra Gallega]]'', e en plena guerra pola independencia, pero non axitou a bandeira colonialista nin dedicou unha soa liña a defender ao colonizador.
 
Entre os seus colaboradores figuraron, en castelán, Benito Fernández Alonso, Basilio Álvarez, Gerardo Álvarez Limeses, Wenceslao Fernández Flórez, Manuel Murguía, Antón Vilar Ponte, Emilia Pardo Bazán, Teodosio Vesteiro Torres e Valle Inclán. Publicou por entregas ''La alondra'', novela de Álvaro de la Iglesia. En lingua galega hai colaboracións de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Lamas Carvajal, Francisco Añón, Amor Meilán, Lisardo Barreiro, Alberto Camino, Alfredo Nan de Allariz, Evaristo Martelo Paumán, Noriega Varela, Blanco Torres, Fernández Merino e Ramiro Gayoso. Publicou por fascículos ''[[A campañaCampaña da Caprecórneca]]'' de [[Luis Otero Pimentel]] (e outras colaboracións asinadas como Xan de Outeiro) e ''A Besta!'' de [[Xan de Masma]].
 
A través das súas páxinas reflíctese unha preocupación constante pola exaltación da identidade de Galicia. En 1903 sostivo unha polémica con Curros Enríquez a raíz da lectura pública do seu poema "A espiña". O último número conservado corresponde ao 9 de maio de 1909.