Errare humanum est: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
simplificando código, segundo o Wikipedia:Libro de estilo
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Errare humanum est.jpg|220px|dereita]]
{{título en cursiva}}
'''Errare humanum est''' é unha [[locución latina]] que significa literalmente "o erro é humano". O noso refraneiro di: "ao mellor galgo escápaselle unha lebre". Considérase que o feito de equivocarse é intrínseco á natureza humana, polo que hai que aceptar os erros, e aprender deles para evitar que se repitan. A frase entrou na linguaxe común como un aforismo co que se busca mitigar un fallo, un erro, sempre e cando sexa esporádico e non se repita. A expresión latina completa é: '''errare humanum est, sed perseverare diabolicum'''; que traducida literalmente significa: "errar é humano, pero perseverar (no erro) é diabólico." En xeral esta locución é atribuída a [[Santo Agostiño de Hipona|Santo Agostiño]] de Hipona, pero podemos atopar varios precedentes noutros autores clásicos como [[Marco Tulio Cicerón|Cicerón]] e outros escritores católicos temperáns. Aínda así é difícil asignarlle a paternidade definitiva da idea a algún autor, xa que é moi antiga e remóntase ó sentido común de todos os tempos<ref>Ingrid E. M. Edlund-Berry, «Experientia docet: What Experience Can Teach According tot Lucretius, Taciitus and Buster Brown», Rome and Her Monuments: Essays on the City and Literature of Rome in Honor of Katherine A. Geffcken, Bolchazy-Carducci , 2000, páxina 510, ISBN 9780865164574</ref>.