Also sprach Zarathustra (Strauss): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Piquito (conversa | contribucións)
amplío
Liña 6:
 
A obra foi parte do repertorio clásico desde a súa estrea en 1896. A [[fanfarria]] inicial (titulada "Amencer" nas notas do programa do compositor)<ref>[http://www.laphil.com/philpedia/piece-detail.cfm?id=673 LA Philharmonic Piece Detail]</ref> popularizouse co seu uso na película de [[Stanley Kubrick]], de 1968, ''[[2001: A Space Odyssey]]''.
 
== Historia ==
Richard Strauss compuxo este poema sinfónico entre febreiro e agosto de [[1896]]. Cronolóxicamente, con número de [[Opus (música)|Opus]] 30, a obra está situada entre os dous grandes poemas orquestrais do compositor alemán ''[[Till Eulenspiegels lustige Streiche|Till Eulenspiegels]]'' e ''[[Don Quixote (Strauss)|Don Quixote]]'' (Opus 28 e 35 respectivamente). A estrea da obra realizouse en [[Frankfurt]] o [[27 de novembro]] dese mesmo ano baixo a dirección do propio compositor. A resposta do público foi un tanto incrédula e nun principio non soubo apreciar a obra.<ref name=Moreno>Juan Carlos Moreno, ''Strauss: Así habló Zaratustra, Till Eulenspiegel, Don Juan, Cuatro útimos lieder'', RBA Coleccionables ISBN 84-473-4599-8</ref>
 
== Características ==
=== Influencia de Nietzsche ===
Richard Strauss compuxo este poema sinfónico inspirado no libro homónimo de [[Friedrich Nietzsche]], metade ensaio filosófico e metade texto poético, cuxas ideas serviron principalmente para estimular a imaxinación musical do compositor. Se ben a obra de Strauss está inspirada no libro de Nietzsche, esta non se trata dunha tradución sonora fidedigna das ideas expresadas no libro do filósofo alemán, senón dunha evocación moi libre de algúns dos aspectos que trata. O propio compositor afirmaba:
 
{{Cita centrada|Non me propuxen facer música filosófica, senón un cadro de desenvolvemento da raza humana dende as súas orixenes ata chegar á concepción nietzscheana do superhome.|autor=Richard Strauss<ref name=Moreno/>}}
 
O programa de ''Also sprach Zarathustra'' é filosófico nun dobre sentido: trátase dun comentario musical do célebre poema en prosa de Nietzsche (cuxa doutrina do superhome que axitaba a toda [[Europa]] a finais do [[século XIX]], e esta elección temática típica da intuición do valor da publicidade áltamente desenvolvido por Strauss.<ref name=Grout>Grout & Palisca, ''Historia de la Música Occidental'' (vol. 2, pp 857-859), Alianza Música ISBN 84-206-7893-7</ref> A influencia do filósofo alemán queda patente ademais nos títulos das diferentes seccións musicais, que levan o nome de títulos do libro. A partitura de feito leva como epígrafe os versos de Nietzsche:
 
{{Cita centrada|Durante demasiado tempo, a música soñou; agora queremos permanecer despertos. Eramos noctámbulos, viaxeiros da noite; queremos chegar a ser viaxeiros do día.|autor=Friedrich Nietzsche<ref name=Moreno/>}}
 
Precisamente ese tránsito da escuridade á luz será un dos aspectos tratados polo compositor na obra, para constituirse no se fío conductor.
 
== Instrumentación ==
Liña 38 ⟶ 53:
== Estrutura ==
 
Unha representación típica dura 40 minutos (segundo versións), e está dividida ennunha noveintrodución secciónse interpretadasoito enpartes tresque momentosse diferenciadosencadean sen solución de continuidade e sen seguir ningún esquema formal clásico. Strauss denominou as secciones segundo capítulos seleccionados no libro:
 
<ol type="I">