Axuda:Como trocar o nome dunha páxina: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sección Como proceder |
→Notes: Observacións |
||
Liña 25:
Unha vez no artigo, preme no vínculo "mover" que hai nunha das pestanas superiores da páxina. Perguntaráseche polo nome novo da páxina e terás a opción de mover tamén a páxina de discusión do artigo. A menos que saibas o que estás a facer é máis seguro contestar que si. Fai clic en "mover páxina" e a páxina receberá o novo título inmediatamente. O título vello convertiráse nunha [[Wikipedia:redirect|páxina de redirección]].
==
A función "mover páxina" conserva o [[Wikipedia:historial|historial]] completo do artigo, antes e logo da mudanza, nun único lugar, como se o artigo se denominase ''sempre'' desa maneira. Polo tanto, é preferíbel usar este método mellor que recortar texto dun artigo e pegalo noutro novo: as revisións anteriores, notas e atribucións non se manterían se se fai así. Así e todo, ás veces recortar e pegar é precisamente o máis conveniente, como cando se subdivide unha páxina. En caso de utilizar este método, habería que incluir unha nota na páxina de discusión do artigo novo que referise de onde procede o texto.
A operación de mudanza de nome móstrase no historial da páxina co título vello. Porén, se a páxina se volve a mover para o nome anterior, o historial da páxina co título intermedio mostra exclusivamente o último movemento, xunto co nome do wikipedista mais coa hora da primeira vez que se moveu. En consecuencia, pérdense o nome do usuario que primeiro moveu a páxina e a hora do segundo movimento (exceito o que se vexa en "Cambios recentes").
Se o título novo xa existe e non é simplemente unha redirección sen historia (e, ás veces, mesmo así), o wiki dirache que non se lle pode mudar o nome ao artigo. Nesta situación, deberás xuntar manualmente as dúas páxinas ou (só se non hai contido real na páxina) pedir unha votación para que se elimine e, unha vez logrado isto, proceder ao troco de nome. O feito de mover un artigo para un que era unha redirección require que a redirección apunte para a páxina que se vai mover.
Hai que lembrar que as redireccións a redireccións non se siguen automaticamente. É lóxico e así se deseñou o software: evítanse os círculos viciosos e as innumerábeis redireccións que se coñecen como "vinculos spaghetti". <font color=red>Unha vez movida unha páxina, utiliza sempre "Páxinas que ligan con esta" para arranxar as redireccións múltiples e para asegurarte de que non se racharon vínculos</font>. Porén, esta operación non a debes acometer inmediatamente: espera unhas horas para asegurarte de que ninguén se opuxo á mudanza de nome e desfixo a túa.
Convén que copies a mensaxe "Páxina ... movida para ..." á nova páxina de discusión, particularmente no caso de ter habido debate sobre o nome da páxina.
== Other known bugs ==
|