Ducia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 2:
A '''ducia''' é unha colección de [[doce]]. Hai varias explicacións para agrupamentos en doce, como o sistema de cómputo sumerio, a conveniencia de múltiplos e divisores e a observación da natureza. Son doce os ciclos [[Lúa|lunares]] durante un [[ano solar]]. Ducia na lingua popular tamén pode ser usada como expresión para unha cantidade indeterminada.
==Historia==
A ducia era unha das [[Base (matemática)|bases numéricas]] da [[Sumeria|civilización sumeria]], que posuía as bases doce e sesenta. Os sumerios facían o cómputo dos seres utilizando os dedos das mans. Malia seren dez os dedos das mans, o polgar non era utilizado ''no'' cómputo, senón ''para'' o cómputo: Cada vez que un contador avistaba unha cousa, marcaba a súa cantidade co polgar avanzando por cada [[falanxe (ósos)|falanxe]] de cada dedo da man, alcanzando polo tanto doce cando completase o cómputo cunha man; sempre que a man dereita completase doce, o contador usaba o polgar da man esquerda para contar cantas veces a man dereita se completaba. Os cinco dedos da man esquerda mais as doce falanxes da man dereita significaban xa que logo sesenta seres contados.
 
== Véxase tamén ==
===Outros artigos===