Oleaceae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 31:
</table>
 
'''Oleaceae,''' as '''Oleáceas,''' son unha [[familia (bioloxía)|familia]] de [[Plantae|plantas]] pertencente á [[Orde (bioloxía)|orde]] [[Lamiales]]. Comprende 24 xéneros de plantas leñosas, incluídos [[arbusto]]s, [[árbore]]s e [[rubideira]]s. Caracterízase polas [[folla]]s opostas que poden ser simples ou pinnadamente compostas. As súas flores posúen [[Cáliz (botánica)|cáliz]] e [[corola]] con catro lóbulos.
==Descrición==
Son [[árbore]]s, [[arbusto]]s ou [[rubideira]]s leñosas; plantas [[hermafrodita]]s, [[andromonoica]]s ou [[dioica]]s. Follas opostas ou ás veces alternas, trifoliadas ou imparipinnadas, sen [[estípula]]s. [[Inflorescencia]]s terminais ou axilares, cimosas, paniculadas, dicasiais, subumbeliformes, fasciculadas ou flores solitarias, flores [[actinomorfa]]s; sépalos 4 (–numerosos), libres ou sen sépalos, valvados, ás veces ausentes; corola xeralmente simpétala, 4 (–numerosos) lóbulos, ás veces os pétalos libres ou ausentes; estames 2 (4), adnados ao tubo da corola nas flores simpétalas, anteras con dehiscencia lonxitudinal; ovario súpero, bilocular, estilo terminal con estigma bilobado ou subcapitado, ou estigma sésil. Froito unha [[drupa]], [[baga]], cápsula ou [[sámara]], a miúdo cunha semente.<ref name = Trop/>