Priscilianismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eoax (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Desfixéronse as edicións de Eoax (conversa); cambiado á última versión feita por Addbot
Liña 1:
O '''priscilianismo''' foi unha corrente relixiosa [[Cristianismo|cristiá]], difundida polas prédicas de [[Prisciliano]] no século IV en Hispania, e sobre todo na [[Gallaecia]].
 
== Historia e características ==
Non se coñece moito sobre a doutrina priscilianista, porén sábese que o priscilianismo tiña como intención unha reforma da Igrexa dende dentro, aceptaba a participación da muller con iguais dereitos ao do home na vida da [[Congregación|Igrexa]], propugnaba a renuncia ao poder dos bispos, defendía a vida austera (con múltiples días de [[xaxún]],vexetarianismo, predicando a continencia e a virxindade) e priorizaba o [[ascetismo]] e o estudo da [[Biblia]], incluídos os [[apócrifo]]s, o que ía en detrimento da autoridade episcopal e do clero. San Agostiño atribuiu a Prisciliano a doutrina de que a alma humana é parte da esencia divina e que na súa viaxe á terra a alma pasa por sete ceos e cae preso nun corpo humano; tamén sostiñan que as estrelas tiñan influencia sobre a conduta humana e pra paliar a influencia nefasta de estrelas e planetas había que saber de astroloxía.
Descoñécese o lugar preciso onde tivo os seus comezos, algúns falan da Lusitania, Gallaecia e Bética, mentres algún historiadores afirman que foi Prisciliano o único líder da seita outros falan da existencia de tendencias ascéticas de variado xénero en diferentes zonas do occidente ibérico aglutinadas ó redor do priscilianismo e este abarangueu toda a península ibérica e parte da actuial [[Francia]]([[Aquitania]]) porén a data da presencia desta seita en Galicia sospéitase que estivo entre o 360 e o 370<ref>"Trocado de Bande" Ladislao Castro Pérez,Vía Láctea editorial 1996.</ref>.
 
No fin do século IV a heterodoxia ponse de manifesto e durante mais de 150 anos moita xente(incluso do clero) foron priscilianistas e memso calquera crego da Gallaecia xa era sospeitoso de herexía pola súa orixe. Esta seita logrou adeptos sobre todo en medios urbáns-as reunións eran sempre nas villae- competindo co cristianismo ortodoxo na cristianización dos habitantes desta zona, que vían con bos ollos a esta seita debido ó carácter ascético dos seus adeptos e será a primeira forma de difusión evanxélica entre moitas persoas que só tiñan de nome cristián pero seguían a ser paganos nas crenzas e prácticas cotiás.
 
Tralo asentamento suevo en Gallaecia e fundación do seu reino, Gallaecia afástase do dominio romano e iso permitiulle conservar as prácticas tradicionais relixiosas mais tempo á vez que impedía as leis intolerantes de Roma contra os "herexes". Considérase a [[Astorga]] como a sede galaica priscilianista mais antiga, debido ó seu bispo Simposio de Astorga, que proexeu a esta seita e protector da súa ética ascética.
 
Idacio de [[Mérida]] foi o primeiro en recurrir ás autoridades imperiais ó ver que Prisciliano tentaba arrebatarlle a súa cátedra, sendo condeados como maniqueos no Concilio de [[Zaragoza]]no ano 380 e tentando o sector ortodoxo cortarlle os medios de difusión:
*Prohibición de que a smulleres acompañar ós homes durante a oración(polo que s eprohibían as asembleas priscilianistas).
*Non facer xexún en Domingos, Cuaresma nin na stres semanas previas á epifanía.
*A ostia será consumida no templo e non levada a casa dun.
*Ninguén poderá proclamarse doutor, ou sexa, afirmar ter autoridade pra interpretar as sagradas escrituras.
*Unha muller non pode ser admitida no rango das virxes antes dos 40 anos.
 
Ante este contrataque os bispos priscilianistas reforzaron a súa posición tentando controlar o maios número posible de sedes episcopais, debido ó seu fracaso consagraron a Prisciliano como bispo de [[Ávila]] mentres Idacio de Mérida e Hixinio de [[Córdoba]] conseguían mais apoios contra de Prisciliano e conseguiron ilegalizar os cánones da ordenación do bispo Prisciliano e así que fose considerado un falso bispo ao tempo que propagaban a mentira de que eran maniqueos, xa que o conflito entre hispanos ortodoxos e hispanos priscilianistas enmascaraba un enforntamento entre a aristocracia romana senatorial e sectores da igrexa católica.
 
No xuízo de Treveris ([[385]]), o emperador [[Magno Clemente Máximo]] condenou a Prisciliano e mais algúns seguidores por [[herexía]] acusándoo de [[maxia]] e [[maniqueísmo]], sendo decapitados polo delito de maxia. Pero o priscilianismo, trala morte de Prisciliano, continuou forte na [[Gallaecia]], difundíndose por todo o territorio e rendíndoselle culto ao seu corpo, por ser considerado mártir ademais o fervor priscilianista medrou con mais intensidade e mantívose forte durante dous séculos mentres se mantiña o santuario de Prisciliano, figurando no martiroloxio e invocado no mememnto litúrxico.o emperador Máximo resolveu enviar soldados contra dos priscilianistas mais San Martiño de Tours lle advirtíu que iso sería pior, cando este emperador foi derrotado polo emperador romano do Este [[Teodosio]] O Grande houbo unha grande accióna favor do priscilianismo, erguéndos eo resentimento popular contra os inimigos deste, así o bispo de Ossonuba(actual Faro, [[Portugal]]) foi deposto e o bispo Idacio de Mérida dimitiu voluntariamente ante a presión do pobo. mentres tanto o corpo de Prisciliano foi levado a algún lugar de Hispania e soterrado con gran esplendor nun santuario propio(o qe fixo que no século XX louis Duchesne suxerira que a tumba de [[Santiago de Compostela]] é a de Prisciliano).
 
No ano 400, un concilio en [[Toledo]] tenta combatir a heterodoxia e conseguen que os emperadores Arcadio, Honorio e Teodosio II ordeen a seus gobernantes no ano 407 trtan ós priscilianistas co maior rigor, mais foi ineficaz e este herexía cristiá segiu a existir. No concilio do 447, xa baixo o problema da chegada dos "bárbaros" á península, seguíronse dictando anatemas contra do priscilianismo, en relación co recoñecemento da Encarnación e a trindade, condeas de maxia, astroloxía e vexetarianismo. Estas medidas foron infecicaces xa que os gobernantes suevos ao principio eran pagáns e despois foron convertíronse ó [[arianismo]] polo que se afstaron dos mandatos dos bispos e mesmo se opuxeron á xerarquía católica.
 
Durante o [[reino suevo]] gozou d ecerta tolerancia durante as etapas pagás e arrianas e só se sabe que o priscilianismo seguía a ter adeptos, mais a fianis do s VI o rei suevo [[Carriarico]](según a crónica de [[Gregorio de Tours]]) convírtense ó [[catolicismo]] e con el moitos mais suevos e galaicoromanos, no [[572]] celébrase o [[II Concilio Bracarense]] presidido polo bispo Lucrecio de Braga e San [[Martiño de Dumio]] , redactaron 18 prohibicións contra dos priscilianistas e dos cregos que aínda o eran. Entre os anatemas está o de obrigar a comer vexetais cocidos con carne a aqueles curas contaminados de priscilianismo, o resto de canons deste concilio son sobre uniformidade de cerimonias litúrxicas; tras este concilio de Braga o priscilianismo organizado desaparece e segue como culto privado.
 
 
 
==Doutrina priscilianista==
Non se coñece moito sobre a doutrina priscilianista, porén sábese que o priscilianismo tiña como intención unha reforma da Igrexa dende dentro, aceptaba a participación da muller con iguais dereitos ao do home na vida da [[Congregación|Igrexa]], propugnaba a renuncia ao poder dos bispos, defendía a vida austera (con múltiples días de [[xaxún]],vexetarianismo, predicando a continencia e a virxindade) e priorizaba o [[ascetismo]] e o estudo da [[Biblia]], incluídos os [[apócrifo]]s, o que ía en detrimento da autoridade episcopal e do clero. San Agostiño atribuiu a Prisciliano a doutrina de que a alma humana é parte da esencia divina e que na súa viaxe á terra a alma pasa por sete ceos e cae preso nun corpo humano; tamén sostiñan que as estrelas tiñan influencia sobre a conduta humana e pra paliar a influencia nefasta de estrelas e planetas había que saber de astroloxía.
 
Recoñecían que as persoas non necesitaban estar investidos como sacerdotes pra ter o charisma veritatis, ou sexa, que os laicos escollidos por Deus podían ensinar o evanxeo, o que implicou negar o monopolio da evanxelización ós bispos e cregos.
 
Aínda sendo Prisciliano bispo de Ávila, as súas doutrinas son condenadas (concilio de Zaragoza, concilio de Bordeos e, incluso despois da súa morte, no concilio de Toledo).
 
No xuízo de Treveris ([[385]]), o emperador [[Magno Clemente Máximo]] condenou a Prisciliano e mais algúns seguidores por [[herexía]] acusándoo de [[maxia]] e [[maniqueísmo]], sendo decapitados. Pero o priscilianismo, trala morte de Prisciliano, continuou forte na [[Gallaecia]], difundíndose por todo o territorio e rendíndoselle culto ao seu corpo, por ser considerado mártir. Estivo tolerado durante a época sueva e só a partir da conversión de [[Requiario]] ao [[catolicismo]] no [[449]] comenzaron os priscilianistas a teren problemas coas autoridades, aínda así mantívose cando menos até o [[II Concilio Bracarense]] ([[572]]).
Os priscilianistas estiveron mais preocupados polo ascetismo, o fervor e a cohesión interna que pola precisión teolóxica e a pureza doutrinal, o que lles valeu o favor do pobo, mesmo chegando ó sincretismo con outras relixións ou crenzas pagás. Porén eran ascetas extremos imubuidos de agnosticismo e reflexivos, críticos ante a oficialidade e o carácter mundano dos bispos, alimentando a súa espiritualidade dun gusto polo oculto e os libros apócrifos cristiáns. A batala contra de igrexa oficialista veu pola confrontación entre unha concepción institucionalista e xerárquica e outra mais carismática, así como a guerra por obter o favor da xente. Esta querela entre ambos cristiáns cubriuse coa apariencia dunha loita entre ortodoxos e heterodoxos.
 
 
 
== Véxase tamén ==
===Ligazóns externas===
* [http://aulagalicia.blogspot.com/2005/01/o-priscilianismo.html O priscilianismo] (blog).
 
==Notas==
{{Listaref}}
{{sen referencias}}