Guerra da Independencia española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 18:
}}
Coñécese como '''Guerra da Independencia española''' ou '''Francesada''' ao conflito armado que, entre [[1808]] e [[1814]] sacudiu á [[Península Ibérica]] como consecuencia da entrada das tropas napoleónicas en [[España]] co pretexto de invadir [[Portugal]]. O ''Levantamento do 2 de maio'' contra os invasores foi espontáneo e popular e iniciouse o [[2 de maio]] de 1808, cando o alcalde de Móstoles, Andrés Torrejón, redacta un bando no que insta á poboación a levantarse en armas para socorrer ao rei [[Fernando VII]], que estaba retido por [[Napoleón Bonaparte]]. Esta guerra está dentro do contexto de [[Guerras Napoleónicas]].
 
 
== Antecedentes ==
 
[[Ficheiro:Santander.Estatua.a.la.gloria.del.heroe.jpg|dereita|miniatura|300px|Estatua sita en [[Santander]] en honor do capitán de artillería Pedro Velarde Santillán, heroe cántabro da Guerra da Independencia Española morto durante o levantamento do 2 de maio de [[1808]] en [[Madrid]].]]
Durante os últimos anos do [[século XVIII]] e primeiros anos do [[século XIX]], [[Napoleón]] gobernaba España da forma que el quería, amparándose na debilidade dos reis e ministros do país. Con todo, a finais do ano [[1807]], Napoleón decidiu que a monarquía de [[Carlos IV de España|Carlos IV]] era de escasa utilidade e que sería máis propicio a creación dun ''estado satélite''. Aproveitando os sucesos derivados do Motín de Aranjuez e o feito de que as tropas francesas xa ocuparan o norte de España, Napoleón fixo que a coroa española caera nas mans do seu irmán [[José Bonaparte|José I]] ([[Abdicacións de Baiona]]).
Liña 30 ⟶ 28:
 
== A guerra pola independencia ==
 
Tralo levantamento do 2 de maio, a Xunta Xeral do Principado de Asturias proclámase soberana contra o poder central en principio lexítimo (Fernando VII esixiu abandonar España en obediencia aos franceses), envía unha embaixada a [[Inglaterra]] e o [[24 de maio]] de 1808 declara formalmente a guerra a Francia. Como resposta a este comunicado, as autoridades envían ao Principado un batallón do Rexemento de Hibernía e un escuadrón de Carabineiros dende [[Bilbao]] e [[Valladolid]] para apagar a rebelión dos asturianos, aínda que sen éxito. A sublevación dos asturianos súmaselle o resto de xuntas; ([[Cantabria]] o 27, [[Galicia]] o 30, [[León, España|León]] o 1 de xuño, etc.) e isto significará un grave revés para os desexos de Napoleón de levar a cabo unha conquista pacífica (xa que ten poucos custes). Para evitar ser saturados, Napoleón esixe aos xenerais que eliminen a resistencia, pero os resultados non son os esperados. A vitoria de Bessiers na [[Batalla de Medina de Rioseco]], non acaba coa rebelión do [[sitio de Zaragoza]] que pronto se estende a [[Logroño]]. En [[Cataluña]], as tropas francesas son derrotadas dúas veces na [[Batalla de El Bruc]], mentres que a sublevación de [[Xirona - Girona|Xirona]] curta as subministracións. En [[Andalucía]] o xeneral Dupont sufre unha derrota na [[Batalla de Bailén]] fronte as tropas do xeneral [[Francisco Javier Castaños|Castaños]]. A causa deste triunfo foi desaloxar Madrid e fixo soñar coa marcha definitiva dos franceses. Ao mesmo tempo, [[Gran Bretaña]] ve abrirse unha nova fronte, (inesperada), na súa guerra contra Francia.
 
Liña 36 ⟶ 33:
 
=== ''A Guerra de Guerrillas'' ===
 
Sen un exército co que combater ante os franceses, os españois inventan un sistema novo para loitar, ''A guerra de guerrillas'', como único modo de desgastar e estorbar aos franceses. Trátase de grupos de pouca xente, coñecedores do terreo que pisan, e que danan ao inimigo con rápidos golpes, para espallarse rapidamente e perderse polos montes. Grazas a estas tácticas, o dominio francés está soamente nas cidades. O propio Napoleón recoñece a inestabilidade cando, en contra da vontade do seu irmán (teórico rei de España), pon baixo goberno francés os territorios da marxe esquerda do [[Río Ebro|Ebro]], creando unha nova ''marca hispánica''.
 
Liña 42 ⟶ 38:
 
== Consecuencias ==
 
A firma do [[Tratado de Valençay]] polo que se lle volvía o trono a Fernando VII ''O desexado'', como monarca absoluto, foi un comezo dun tempo de desilusións para todos aqueles que creran que a loita contra os franceses era o comezo a "revolución española".