República Democrática Alemá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
JaviP96 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 97:
=== Política interior (anos 1970) ===
[[Ficheiro:Nva-ehrenwache.jpg|miniatura|esquerda|200px|Garda de Honra do Rexemento ''[[Friedrich Engels]]'' no ''Monumento ás vítimas do [[fascismo]] e o [[Exército|militarismo]]''.]]
Ámbalas Alemañas continuaron unha procura de identidade nacional, pero aínda que para [[Alemaña Occidental]] foi máis sinxelo fundar a súa identidade asumindo practicamente toda a [[Cultura de Alemaña|tradición histórica alemá]], para a RDA este proceso foi moito máis difícil. Dende o principio, a recentemente formada RDA tentou establecer a súa propia identidade separada, deixando de lado diversos elementos históricos característicos que non eran conformes cun Estado de ideoloxía [[comunista]]. Sobre todo, debido á antiga crítica marxista do militarismo de [[Prusia]], o SED repudiaba toda posible "continuidade" entre Prusia e a RDA, aínda que xeograficamente o territorio da RDA comprendía na práctica a maior parte do antigo reino prusiano. No seu lugar, enfocouse na herdanza progresista da [[Historia de Alemaña]], incluíndo o papel de [[Thomas Müntzer]] na [[Guerra dos campesiños alemáns]] do [[século XVI]], e o papel xogado polos heroes da loita de clases durante a industrialización de Prusia, deixando de lado a outras figuras da historia alemá, aínda que preservando no posible aos líderes intelectuais máis destacados e indiscutiblemente alemáns como [[Schiller]] ou [[Goethe]]. Asímismo reivindicou ao outrora criticado clérigo [[Martiño Lutero]] xunto aos fundadores do [[Partido Comunista de Alemaña|KPD]] e heroes da [[Revolución de Novembro]] de [[1918]], [[Karl Liebknecht]] e [[Rosa LuxemburgoLuxemburg]].
 
O 10º Congreso do Partido, que tivo lugar en [[abril]] de [[1981]], centrouse na mellora da economía, estabilizar o sistema socialista, conseguir éxitos en política exterior e fortalecer as relacións con Alemaña Occidental. Presentando o SED como a forza dirixente en todas as áreas da sociedade alemá oriental, o secretario xeral (posto que substituíu ao de primeiro secretario en [[1976]]) Honecker salientou a importancia de educar a cadros leais para asegurar a posición do Partido. Anunciou que máis dun terzo de todos os militantes e candidatos electorais e preto de dous terzos dos secretarios do Partido completaran un curso de estudos superiores e que catro quintos dos secretarios recibiran formación nunha escola do Partido durante máis dun ano.