Vilaboa, Valdoviño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q11008350
Liña 25:
Celébrase a festa de San Vicente (Patrono da Parroquia) o [[24 de maio]].
Tamén se celebra nesta parroquia cada ano a ''Festa da Muiñeira''.
 
A Cooperativa de Produtores do Campo de Vilaboa ten a súa orixe na Parroquia de San Vicente de Vilaboa, (Concello de Valdoviño-A Coruña), no ano 1945 , no cal foi inscrita no MINISTERIO DE TRABALLO-DIRECCION XERAL DE PREVISION co nº 1551, pa acoller a propietarios, arrendatarios e aparceros de leiras rústicas e gandeiría coa lema “UNS POR OUTROS E DEUS POR TODOS” e úneselle a Cooperativa de Consumo de San Vicente de Vilaboa , que fora rexistrada no ano 1968 , para acoller a todas as persoas pertencentes á parroquia de Vilaboa. No ano 1988 foi refundada e rexistrada pola Xunta de Galicia co num. 56-SCT coa denominación Sociedade Cooperativa do Campo de San Vicente de Vilaboa de R.L.
<nowiki> </nowiki>Ao longo de máis de sesenta anos, a Cooperativa de Vilaboa practica o cooperativismo na parroquía da súa orixe, e abríndose ao exterior estende a súa participación no cooperativismo comarcal, asociándose a cooperativas de segundo grao: a Cooperativa Agraria Provincial (Leyma), á Cooperativa de Produtos Agrarios (Copagro), á Unión de Cooperativas de Ferrol (Ucafe), a Codeal Ferrol de Alimentación, SCG. E á Asociación Galega de Cooperativas (Agaca). Estende desta maneira a nosa Cooperativa o seu sentido asociativo ao ámbito supraparroquial.
<nowiki> </nowiki>A transformación sociolóxica de usos, costumes e medios que condicionan a vida na comarca de Ferrolterra, levaron a esta Cooperativa a contemplar nos seus socios unhas necesidades diferentes das que motivaron a súa fundación, e sen deixar a solidaria mutualidad do cooperativismo, nin abandonar a lema inicial de uns por outros e deus por todos aconsellouse a refundación da Cooperativa, modificando os seus estatutos en acordo tomado na Asemblea de Xuño de 2005 e rexistrando a súa escritura pública na folla 056-SCT do Libro de Cooperativas da Consellería de Traballo, e cualificada como Cooperativa de Consumidores e Usuarios , sendo a sua denominación Cooperativa de Vilaboa de Consumidores e Usuarios-Sociedade Cooperativa Galega, por resolución da Xunta de Galicia na data 26 de Setembro de 2006.
<nowiki> </nowiki>Os primeiros documentos que se conservan a día de hoxe nos arquivos da Cooperativa datan do ano 1945, cando tivo lugar a inscripción do Reglamento da entón denominada “Cooperativa Productores del Campo de Vilaboa” no “Registro Oficial de Cooperativas del Ministerio de Trabajo” dispoñéndose o seu encadramento na “Unión Nacional de Cooperativas del Campo”
 
==Lugares e parroquias==