Guerra da Independencia española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 31:
== A guerra pola independencia ==
 
Tralo levantamento do 2 de maio, a Xunta Xeral do Principado de Asturias proclámase soberana contra o poder central en principio lexítimo (Fernando VII esixiu abandonar España en obediencia aos franceses), envía unha embaixada a [[Inglaterra]] e o [[24 de maio]] de 1808 declara formalmente a guerra a Francia. Como resposta a este comunicado, as autoridades envían ao Principado un batallón do Rexemento de Hibernía e un escuadrón de Carabineiros dende [[Bilbao]] e [[Valladolid]] para apagar a rebelión dos asturianos, aínda que sen éxito. A sublevación dos asturianos súmaselle o resto de xuntas; ([[Cantabria]] o 27, [[Galicia]] o 30, [[León, España|León]] o 1 de xuño, etc.) e isto significará un grave revés para os desexos de Napoleón de levar a cabo unha conquista pacífica (xa que ten poucos custes). Para evitar ser saturados, Napoleón esixe aos xenerais que eliminen a resistencia, pero os resultados non son os esperados. A vitoria de Bessiers na [[Batalla de Medina de Rioseco]], non acaba coa rebelión do [[sitio de Zaragoza]] que pronto se estende a [[Logroño]]. En [[Cataluña]], as tropas francesas son derrotadas dúas veces na [[Batalla de El Bruc]], mentres que a sublevación de [[Xirona - Girona|Xirona]] cortacurta as subministracións. En [[Andalucía]] o xeneral Dupont sufre unha derrota na [[Batalla de Bailén]] fronte as tropas do xeneral [[Francisco Javier Castaños|Castaños]]. A causa deste trunfotriunfo foi desaloxar Madrid e fixo soñar coa marcha definitiva dos franceses. Ao mesmo tempo, [[Gran Bretaña]] ve abrirse unha nova fronte, (inesperada), na súa guerra contra Francia.
 
Porén, Napoleón intervén directamente, dirixindo un exército de 250.000 homes. Trátase dun exército veterano, acostumado a movementos rápidos e a vivir sobre o terreo, e que derrota rapidamente á resistencia española e aos exércitos ingleses desembarcados na península. Despois da entrada do emperador en Madrid, tras a [[Batalla de Somosierra]] ([[30 de novembro]] de [[1808]]) e a derrota da [[Batalla de Ocaña]] (novembro de [[1809]]), a Xunta Xeral abandona a meseta para refuxiarse primeiro en [[Sevilla]], logo en [[Cádiz]]. Dende aí asiste é toma de Andalucía e [[Comunidade Valenciana - Comunitat Valenciana|Valencia]]. Soamente Murcia e [[Huelva]], con [[Cádiz]], quedan independentes.