Real Sociedad de Fútbol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 68:
No ano 1967 iníciase a época máis gloriosa do club, ese ano acaba cunha década de ascensos e descensos co definitivo ascenso de Puertollano, a partir dese momento empézase a construír o equipo que unha década despois converteríase en Campión de Liga, no ano 1974 participa por primeira vez nun competición europea, a [[Copa da UEFA]], das que se faría asiduo.
 
A tempada [[Primeira división española 1979/80|1979-80]] será unha das máis recordadas pese a non conseguir o título e é que estableceu un récord de imbatibilidade, que aínda perdura, ao estar 32 xornadas consecutivas sen coñecer a derrota, que sumadas ás 6 últimas da tempada [[Primeira división española 1978/79|1978-79]] deixarían o recordrécord en 38, e foi precisamente no penúltimo partido contra o Sevilla onde a perdeu e ao cabo significo que a Liga levásella o [[Real Madrid Club de Fútbol|Real Madrid]], pero ao ano seguinte [[Primeira división española 1980/81|1980-81]] conseguiu o que tanto merecera o ano anterior, ser Campión, e conseguiuno de xeito épico, no último minuto do partido [[Jesús Mari Zamora|Zamora]] conseguiu, nun embarrado [[Estadio Municipal El Molinón|El Molinón]], marcar o gol que ía dar á Real o primeiro título de Liga.
 
Na tempada [[Primeira división española 1981/82|1981-82]] volveu gañar a Liga e na [[Liga de Campións da UEFA|Copa de Europa]] fixo un extraordinario campionato chegando ás semifinais onde foi eliminado polo Hamburgo, ao cabo campión de Europa.
 
Na tempada 1987 logra o título de Copa do Rei ao impoñerse na tandaquenda de penaltis ao [[Atlético de Madrid]], sendo [[Luís Arconada]] o heroe da noite ao parar o penalti decisivo.
 
Na tempada [[Primeira división española 1989/90|1989-90]] a Real, ante a fuga de tres dos seus xogadores máis importantes o ano anterior, onde se consegue o subcampionato de Liga e de Copa, [[Jose Mari Bakero|Bakero]], [[Txiki Begiristain|Begiristain]] e Rekarte ao [[Fútbol Club Barcelona|FC Barcelona]], e Loren ao [[Athletic Club|Athletic de Bilbao]] comeza a contratar a futbolistas estranxeiros sendo John Aldridge o primeiro procedente de [[Liverpool Football Club|Liverpool FC]] inglés.