Thor Heyerdahl: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3127553 de Paradanta (conversa)
Paradanta (conversa | contribucións)
Liña 4:
Foi o ideólogo e líder da expedición do [[Kon-tiki (expedición)|Kon Tiki]] (1947), na que nunha balsa construída a base de troncos e fibras vexetais naturais [[Sudamérica|sudamericanas]] percorreu os 8.000 km existentes entre [[Perú]] e as [[Illas Tuamotu]], na [[Polinesia]], xunto con outros cinco compañeiros. Deste xeito, demostrou que era tecnicamente posible que coas técnicas da [[América precolombina]] os nativos sudamericanos puideran sulcar o [[Océano Pacífico]] e colonizar as illas polinesias. A viaxe durou 101 días e toda a tripulación chegou en perfecto estado á Polinesia. A raíz da expedición publicou un libro, que foi traducido a 66 idiomas, e rodou un documental que conseguiu o [[Óscar]] ao mellor documental en 1951.
 
Posteriormente estivo involucrado noutras expedicións e proxectos [[arqueoloxía|arqueolóxicos]]. Tras un intento fallido o ano anterior, en 1970 conseguiu chegar nunha embarcación de papiro dende [[Marrocos]] ás [[Barbados|Illas Barbados]], demostrando que os habitantes do [[Antigo Exipto]] puideron ter chegado a América cruzando o [[Océano Atlántico]] aproveitando a [[corrente das Canarias]].
 
== Véxase tamén==