Doríforo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
Representa a un mozo de pé, a un atleta vencedor que porta a lanza ou xavalina na súa man esquerda. Considérase esta obra como o arquetipo de [[Canon (arte)|canon]] perfecto, polo seu estudio matemático das [[proporcións]] ideais na representación do corpo humano: a altura do corpo era sete veces a da cabeza, a cal se dividía en tres parte iguais: fronte, nariz, e distancia entre nariz e queixo; o pé era tres veces a lonxitude da palma da man, a pérna, do pé ao xeonllo, era seis veces a lonxitude da palma da man, etc.
 
O corpo é concibido coma un conxunto de planos, moi separados, e molduras: podémolo observar no bordo dos peitorís e na rugosidade pelviana, por exemplo. Estes pregamentos musculares tan vigorosos suxiren [[Volume (magnitude)|volume]]. Outra aportaciónachega importante do Doríforo é a posición da figura, pois [[Policleto]] acada o equilibrio cun ritmo cruzado e compensado, o [[contraposto]], que lle dá efecto de [[profundidade]]. Presenta a cabeza lixeiramente ladeada, inclinación derivada da postura, xa que a figura gravita sobre a dereita. O lado esquerdo proxéctase para fóra co fin de soster a lanza apoiada no ombro, e responde á curvatura do lado oposto. Unha observación polo miúdo permítenos comprobar a diferente función de cada perna. Deste xeito, rompe co estatismo arcaico, pois a figura está en actitude de avanzar, pero hai unha contención do movemento: pódese dicir que posúe a estabilidade do movemento en potencia.
 
O [[realismo]] na obra é manifesto e consegue ofrecer a beleza ideal do corpo masculino. Sen embargo, aínda non é posible apreciar a beleza na expresión, pois o seu rostro é inexpresivo e frío.