Marsilio Ficino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Girolamo Savonarola
m →‎Pensamento: Girolamo Savonarola
Liña 38:
Fronte ás nosas experiencias ordinarias cotiás, o espírito atópase nun estado de continua inquietude e insatisfacción; pero é capaz de retirarse do corpo e do mundo exterior e de concentrarse na súa propia substancia interior. Purificándose a si mesma das cousas externas, a alma entra na vida contemplativa e acada o coñecemento, descubrindo o mundo incorpóreo ou intelixible, que está cerrado para ela mentres está ocupada na experiencia ordinaria e nas dificultades da vida externa. Esta vida contemplativa culmina finalmente no coñecemento e visión de Deus, o cal representa a última meta da vida e existencia humanas.
 
O obxectivo de Ficino, polo tanto, era conectar a filosofía grega coa revelación cristiá, considerando que a verdade se revelaba en ambas, e que era precisamente a súa escisión a responsable da degradación que tiñan sufrido. As súas ideas foron decisivas para o desenvolvemento do Renacemento poético, contribuíndo á formulación das diversas teorías do amor, ás que tanto recorreron os poetas do seu tempo. Encomiou a figura do reformador dominico [[Girolamo Savonarola|Savonarola]], e, cando este foi condenado e executado na forca, optou pola fuxida, unha vez comprobada a ameaza que pesaba sobre el.
 
==Obras==