Diferenzas entre revisións de «Mexicas»

 
==A cosmogonía Mexica==
Non só cambiaron o seu nome senón tamén algunhas das súas crenzas. As ideas cosmogónicas dos mexicas explicaban o orixe do mundo e dos homes por medio de ''[[Ometéotl]]'', deidade dobre integrada por ''[[Ometecuhtli]]'' o señor dous e ''[[Omecíhuatl]]'' a señora dous, parella creadora do universo e do xénero humano que radicaba no ''[[Omeyoca]]''; xunto a estas deidades houbo outra parella ''[[Tonacatecuhtli]]'' e ''[[Tonacacíhuatl]]'', señor e señora encargados de alimentar a humanidade; unha terceira parella importante de deuses relacionados coa existencia da humanidade foron ''[[Intonan]]'' e ''[[Intota]]'', madre e pai dos homes.
 
Había outras deidades maiores como ''[[Yohualli]]'' e ''[[Enecatl]]'', o invisible e impalpable; ''[[Moyocoyani]]'' creador de si mesmo; a parella ''[[Tezcatlipoca]]'' e ''[[Tezcatlanextia]]'', que iluminan e escurecen o ceo; ''[[Huehueteoti]]'' o ''[[Xiuhtecuhtli]]'' o vello señor do fogo e da vexetación. Ademais de algunhas deidades menores como ''[[Xochipilli]]'' e ''[[Xochiquetzal]]'' deuses do amor, das flores e da primavera; ''[[Centéotl]]'' e ''[[Xilonen]]'', deuses do millo; ''[[Chalchiutlicue]]'' deusa da auga dos ríos e lagos; ''[[Chicomécoóatl]]'' deusa da fertilidade e a abundancia; así como moitas outras deidades particulares.
 
== Véxase tamén ==
52.371

edicións