Transliteración: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Máis exemplos problemáticos: amaño ligazón interna
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 44:
 
=== Máis exemplos problemáticos ===
* En alemán B pronúnciase /b/, W pronúnciase /v/ e V ou F pronúncianse /f/. O normal é manter fidelidade escrita e escribir Leverkusen (e non Leferkusen) ou . Entón, ¿por que traducir [[Mainz]] por [[Maguncia]] ou [[Aachen]] por [[Aquisgrán]]? ¿E as belgas [[Liège]] por [[Liexa]], Gant por [[Gante]] ou [[Bruxelles]] por [[Bruxelas]], cando outras máis pequenas non se opta por traducilas?
* En portugués hai certos grafemas (til de nasalidade, LH, NH) distintos dos nosos, por moito que pronuncien o mesmo ca o galego (ou moi semellante). ¿Débense conservar ou vertelos ó galego?
* En castelán existe un [[fonema]] con son /x/ (escrito J) que non aparece en galego. Ás veces hai quen prefire traducilo por X mentres que outros o deixan no orixinal coma co alemán. Á parte está que o ensino en Galicia permítenos a todos recoñecer e pronunciar correctamente os lugares hispanofalantes: [[Badaxoz|Badajoz]], [[A Rioxa - La Rioja|La Rioja]] ou [[Guadalajara]] (en España ou Hispanoamérica) son nomes que un galego sabe pronunciar ben, pero ¿débese partir desa base?;