Lirio amarelo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 26:
 
==Hábitat e ecoloxía ==
Medra en zonas húmidas ou asolagadas nas beiras dos {{Dic|regueiro}}s, [[lagoa]]s e [[encoro]]s, dende o nivel do mar até os 800 m de altitude. Forma parte de comunidades que se inclúen na Clase Phragmitio - Magnocaricetea, de distribución cosmopolita, polo común de elevada cobertura, constituídas por heliófitos colonizadores de zonas anegadas gran parte do ano, como [[Braña (terreo)|braña]]s, marxes de regueiros, lagoas, lamazais e outras. Son plantas características destes ecosistemas: ''[[Alisma lanceolatum]]'', ''[[Alisma plantago-aquatica]]'', ''[[Galium palustre]]'', ''[[Lycopus europaeus]]'', ''[[Lythrum salicaria]]'', ''[[Sparganium erectum]]'' e ''[[Veronica anagallis-aquatica]]''.
A planta prospera axiña por [[rizoma]] e por sementes espalladas pola auga. Malia ser nomeadamente [[Planta acuática|acuática]], os rizomas sobreviven prolongados períodos secos.
=== Requirimentos ecolóxicos ===