Xardinaxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 63:
* '''Xardín de interior''', é o relativo ao cultivo de plantas de interior dentro da vivenda ou nun [[invernadoiro]]. Ás veces comportan [[Aire acondicionado|ar acondicionado]] ou sistemas de calefacción.
* '''Xardín paisaxista''', é o xardín ecolóxico que emprega na plantación especies nativas ou co fin de crear un hábitat axeitado para a vida silvestre. Preténdese crear un xardín en harmonía coa contorna. Este tipo de xardín reduce o consumo de auga para rega, mantemento, custos de fertilización, ademais de incrementar o interés da fauna nativa. Un bo exemplo en Galicia serían as [[carballeira]]s.
* '''Xardín acuático''' ou de auga; sería o cultivo de plantas adaptadas a encoros e pozas. Os xardíns de [[turbeira]] ou [[Braña (terreo)|braña]]s son tamén considerados xardíns de auga, xa que requiren solos lamacentos. Estes xardíns cómpren de coidados especiais. O exemplo máis sinxelo e frecuente de xardín acuático é unha [[pía]] chea de auga con algunha planta. Os [[Acuario (recipiente)|acuario]]s con vexetación tamén se incluirían nesta categoría.
* '''Xardín en contedor'''; trátase do cultivo de plantas en [[vaso]]s, [[testo]]s, [[cesta]]s, canastras ou calquera [[contedor]], tanto no interior coma no exterior. Este tipo de xardinaxe é típica en patios, soleiras, atrios, balcóns e [[terraza]]s. Tamén é típico pór testos na [[eira]] diante da casa.
*'''[[Compostaxe|''Hügelkultur'']]''', é o cultivo de plantas e flores en leitos ou pías de madeira podre, [[Compostaxe|compost]] ou [[estrume]], dándose a [[compostaxe]] in situ<ref name="richsoil">http://www.richsoil.com/hugelkultur/</ref>É un termo do [[lingua alemá|alemán]] que significa xardín amoreado. [[Toby Hemenway]], destacado autor e profesor de [[permacultura]], considera que soterrar estelas ou achas de madeira en sucos tamén é un xeito de '' hügelkultur'', xa que as plantas non deixan de medrar en madeira en descomposición aínda que sexa nun rego.<ref>Hemenway, Toby (2009). Gaia's Garden: A Guide to Home-Scale Permaculture. Chelsea Green Publishing. pp. 84-85. ISBN 978-1-60358-029-8.</ref> A ''hügelkultur'' practícaa [[Sepp Holzer]] como un xeito de xardinaxe forestal e agroforestal, e tamén [[Geoff Lawton]] en xardinaría desértica.<ref>http://permaculture.org.au/2009/12/11/greening-the-desert-ii-final/</ref> Pode ser un bo método ecolóxico de [[fixación de carbono]] cando se cultiva en grandes volumes de estrume ou restos vexetais ou madeireiros.<ref name="richsoil" /> É tamén unha forma de [[xeroxardinaxe]] (xardinaxe con pouco uso de auga).