Avinguda Diagonal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución e adaptación da wikipedia en castelán
 
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 9:
 
Ao redor da Diagonal construíuse a sede de entidades financeiras e centros comerciais, importantes edificios [[Modernismo catalán|modernistas]] como a [[Casa de les Punxes]] e campus universitarios. No distrito de [[les Corts]], na zona alta da Diagonal, atópase a zona universitaria da [[Universidade de Barcelona]] e a [[Universidade Politécnica de Cataluña]]; no distrito de [[Sant Martí]] está o Campus de Comunicación-Poblenou da [[Universidade Pompeu Fabra]], e está pendente de construción en [[Diagonal Mar i el Front Marítim del Poblenou|Diagonal Mar]] o Campus do Besòs. Entre outros, tamén cabe destacar o [[Palau Reial de Pedralbes]] que é a actual sede permanente da [[Unión polo Mediterráneo]].
 
== Denominación ==
Os diferentes réximes que ostentaron o poder en [[Cataluña]] e [[España]] durante os séculos [[século XIX|XIX]] e [[século XX|XX]] trataron de borrar a herdanza dos réximes anteriores cambiando os nomes das rúas da cidade, e a avenida Diagonal non é unha excepción.
 
A avenida ao longo do século pasado coñeceuse baixo os seguintes nomes:
* ''Gran Via Diagonal'' - nome orixinal que lle deron [[Ildefonso Cerdà]] e [[Víctor Balaguer]] á avenida.
* ''Avinguda d'Argüelles'' - [[1874]]. Anteriormente o concello de [[Gràcia]] xa lle dera este nome.
* ''Avinguda de la Nacionalitat Catalana'' - [[1922]]. [[Mancomunidade de Cataluña]].
* ''Avenida de Alfonso XIII'' - [[1924]]. Durante a [[ditadura de Primo de Rivera]] púxoselle o nome do rei [[Afonso XIII]].
* ''Avinguda del Catorze d'Abril'' - [[1931]]. [[Segunda República Española]]
* ''Gran Vía Diagonal'' - [[1939]], nome provisional imposto o día despois da captura de [[Barcelona]] por parte das tropas sublevadas como un intento de eliminar as referencias á República.
* ''Avenida del Generalísimo Francisco Franco'' - [[1939]]. Durante o réxime autoritario de [[Francisco Franco]].
* ''Avinguda Diagonal'' - o seu nome actual, aprobado tras o [[transición española|restablecemento da democracia]] en [[1979]].
 
Cabe sinalar, con todo, que popularmente o nome de "Diagonal" sempre prevaleceu.
 
== Notas ==