Proteína motora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 45:
=== Motores específicos de plantas ===
 
A diferenza do que ocorre cos [[animal|animais]], [[fungo (bioloxía)|fungos]] e [[plantas non vasculares]], as células das [[plantas con flor]] carecen de motores dineínas. Non obstante, conteñen unha grande variedade de cinesinas. MoitasMoitos destes grupos de cinesinas específicos de plantas están especializados en diversas funcións exercidas durante a mitose da célula da planta.<ref name="Vanstraelen">{{cite journal|author= Vanstraelen M, Inze D, Geelen D | title = Mitosis-specific kinesins in ''Arabidopsis'' | journal = Trends in Plant Science | date = 2006 | volume = 11 | pages = 167–175 | pmid = 16530461 | doi = 10.1016/j.tplants.2006.02.004|issue= 4}}</ref> Como as células das plantas teñen [[parede celular]], durante a súa mitose, a célula divídese formando unha nova parede no centro da célula. Este proceso está facilitado pola formación dun [[fragmoplasto]], que é un conxunto de microtúbulos e vesículas que levan o material da nova parede. Para a formación desta parede divisoria requírense proteínas motoras similares a cinesinas, que moven os elementos necesarios.<ref name="Smith">{{cite journal|author= Smith LG | title = Plant cytokinesis: motoring to the finish | journal = Current Biology | date = 2002 | volume = 12 | pages = R202–R209 | pmid = 11909547|issue= 6 | doi=10.1016/S0960-9822(02)00751-0}}</ref>
 
Outra proteína motora esencial para as células das plantas durante a súa división é a [[proteína de unión á calmodulina de tipo cinesina]] ou KCBP, que é exclusiva das plantas e ten parte dos dominios de tipo cinesina e parte de tipo miosina.<ref name="Abdel-Ghany">{{cite journal|author= Abdel-Gany I, Day IS, Simmons PK, Reddy ASN | title = Origin and evolution of kinesin-like calmodulin-binding protein | journal = Plant Physiology | date = 2005 | volume = 138 | pages = 1711–1722 | pmid = 15951483 | doi = 10.1104/pp.105.060913|issue= 3|pmc= 1176440}}</ref>