Coagulación do sangue: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 43:
Requírense varias substancias para o axeitado funcionamento da cascada de coagulación:
* O [[calcio]] e os [[fosfolípido]]s (uns constituíntes da membrana das plaquetas) requírense para que funcionen os complexos da tenase e a protrombina. O calcio media a unión dos complexos por medio dos residuos gamma-carboxi terminais de FXa e FIXa á superficie dos fosfolípidos expresados nas plaquetas, e ás micropartículas ou [[microvesícula]]s coagulantes que se desprenden delas. O calcio tamén se require noutros puntos da cascada de coagulación.
* A [[vitamina K]] é un factor esencial para a [[gamma-glutamil carboxilase]] hepática que engade un grupo [[carboxilo]] a residuos de [[ácido glutámico]] dos factores II, VII, IX e X, e ás [[proteína S]], proteína C e [[proteína Z]]. Ao engadir estes grupos gamma-carboxilo aos residuos de glutamato, a vitamina K oxídase. Outro encima, a ''[[vitamina K epóxido redutase]]'' (VKORC), reduce de novo a vitamina K á súa forma activa. O encima vitamina K epóxido redutase é farmacoloxicamente importante como diana de drogas anticoagulantes como a [[warfarina]] e as drogas relacionadas [[coumarina]]s como [[acenocoumarol]], [[fenprocoumon]], e [[dicumaroldicoumarol]]. Estas drogas crean unha deficiencia da forma reducida da vitamina K ao bloquearen o VKORC, inhibindo así a maduración dos factores de coagulación. A deficiencia de vitamina K debida a outras causas (por exemplo, por unha mala absorción) ou os trastornos no metabolismo da vitamina K que se dan en certas doenzas (por exemplo, na [[insuficiencia hepática]]) causan a formación de PIVKAs (proteínas formadas en ausencia de vitamina K), as cales non están (parcial ou totalmente) gamma carboxiladas, afectando á capacidade dos factores de coagulación de unirse ao fosfolípido.
 
===Reguladores===