Diferenzas entre revisións de «Mona Lisa»

sen resumo de edición
(→‎Ligazóns externas: retiro mortas)
{{Wikificar}}
{{Título en cursiva}}
{{Pintura|=
A pintura foi traída da [[Italia]] para [[Francia]] polo propio Leonardo en [[1516]], cando foi convidado polo rei [[Francisco I de Francia]] para traballar na súa corte. Francisco comprou a pintura, que pasou a exhibirse en [[Fontainebleau]] e despois no [[Palacio de Versailles]]. Após a [[revolución francesa]], o cadro foi levado para o Museo do Louvre. O emperador [[Napoleón Bonaparte]] era un apaixonado polo cadro e mandou colocalo nos seus apousentos. Durante as guerras coa [[Prusia]], a ''Mona Lisa'', xunto a outras pezas da colección do Museo, foi escondida nun lugar seguro.
 
O [[22 de agosto]] de [[1911]] a Mona Lisa foi roubada. O poeta francés [[Guillaume Apollinaire]] foi preso e posto na cadea baixo sospeita do roubo o [[7 de setembro]]. [[Pablo Picasso]] foi preso para un interrogatorio, mais ambos foron liberados mais tarde. Acreditouse entón que a pintura estaba perdida para sempre, pero o certo é que todo foi moito máis simple. O empregado do Louvre [[Vincenzo Peruggia]], acreditando que a pintura pertencía á Italia e non debía ser mantida na Francia, roubouna simplemente levándoa escondida debaixo da roupa para fóra do museo. O cadro foi recuperado cando Peruggia intentou vendelo a un negociante de arte de [[Florencia - Firenze|Florencia]]. A ''Mona Lisa'' foi despois exhibida en varios museos italianos e retornou ao Louvre en 1913. Durante a [[Primeira Guerra Mundial|Primeira]] e a [[Segunda Guerra Mundial]] a pintura foi outra vez removida do Louvre e almacenada nun lugar seguro.
 
En [[1956]], a parte inferior da pintura foi severamente danada despois dun ataque con [[ácido]]. Varios meses mais tarde, a pintura foi novamente obxecto dun atentado, desta vez por un individuo que lle tirou unha pedra. Desde entón, o cadro encóntrase protexido por un vidro de seguridade. En [[1962]], a pintura foi emprestada aos [[Estados Unidos da América|Estados Unidos]] e exhibida en [[Nova York]] e [[Washington D.C.|Washington]]. Antes desta viaxe, a pintura foi asegurada en cerca de 100 millóns de dólares americanos, o que lle mereceu unha mención no Guinness Book of Records como o obxecto mais valioso de sempre [http://www.guinnessworldrecords.com/gwr5/content_pages/record.asp?recordid=50934]. Este valor só foi sobrepasado recentemente ([[4 de maio]] polo cadro de Picasso ''Garçon à la pipe'' vendido por 104,1 millóns de dólares. A ''Mona Lisa'' saíu do Louvre unha vez máis, en [[1974]], nunha xira que incluíu [[Toquio]] e [[Moscova]].
 
== Identidade do modelo ==
Moitos historiadores da arte acreditan que o modelo usado para a pintura pode ter sido a esposa de [[Francesco del Giocondo]], un rico comerciante de seda de Florencia e unha figura prominente no goberno florentino. Esta opinión fundaméntase nunha indicación feita por Da Vinci durante os últimos anos de súa vida, a propósito dun retrato ''dunha determinada señora florentina feita da vida ao pedido do magnífico [[Giuliano de' Medici]]''. O primeiro biógrafo de Da Vinci, [[Vasari]], tamén pintor, describe o retrato como sendo de Mona Lisa, esposa do cabaleiro florentino Francesco del Giocondoque. Porén, pouca cousa se sabe da súa vida e moito menos da historia da súa muller, [[Lisa Gherardini]], nacida en [[1479]]. Sábese que casaron en [[1495]], mais do feito non hai ningunha proba de que podería ter sido a señora dun Medici a muller que Da Vinci referenciou. O título alternativo ao traballo, ''La Gioconda'', aparece apenas por primeira vez nun texto escrito máis tarde, en [[1625]], que se refire ao traballo como un ''retrato dunha determinada Gioconda.'' Esta referencia non contradí nin sostén a hipótese de que o modelo sexa a muller de Giocondo, unha vez que en italiano ''gioconda'' pode significar unha muller alegre.
 
Lillian Schwartz, científico dos Laboratorios Bell, suxire que a ''Mona Lisa'' é na verdade un autorretrato de Leonardo. Esta teoría baséase no estudo da análise dixital das características faciais do rostro de Leonardo e os trazos do modelo. Comparando un autorretrato de Leonardo coa muller do cadro, verifícase que as características dos rostros aliñan perfectamente. Os críticos desta teoría suxiren que as similitudes son debidas ao feito de ambos os retratos teren sido pintados pola mesma persoa usando o mesmo estilo. A teoría de que a Mona Lisa é un autorretrato deféndese no libro ''[[O Código Da Vinci]]''.
 
== Estética ==
A ''Mona Lisa'' determinou un patrón para retratos futuros. O retrato presenta o seu modelo visto apenas sobre o busto, cunha paisaxe distante visíbel en plano de fondo. Leonardo usou unha composición en pirámide, onde a modelo xorde no centro cunha expresión calma e serea. As mans dobradas encóntranse no centro da base piramidal, reflexandoreflectindo a mesma luz que lle ilumina o colo, pescozo e face. Esta luminosidade estudada dá ás superficies vivas unha xeometría subxacente de esferas e círculos, que acentúa o arco do seu sorriso famoso. [[Sigmund Freud]] interpretou 'o sorriso' como unha atracción erótica subxacente de Leonardo para coa súa nai; outros describiron o sorriso como inocente, convidativo, triste ou mesmo lascivo. Os sorrisos de interpretación dubidosa eran unha característica común dos retratos durante o tempo de Leonardo.
 
[[Ficheiro:MonaLisa sfumato.jpeg|dereita|miniatura|Detalle da face, mostrando o efecto sutil do [[sfumato]], particularmente nas sombras en torno dos ollos.]]
Moitos investigadores tentaron explicar por que o sorriso é de forma tan diferente para diferentes culturas. As explicacións son diversas e varían desde teorías científicas sobre a visión humana a suposicións sobre a identidade da Mona Lisa e os seus sentimentos. A profesora Margaret Livingstone da [[Universidade Harvard]] argumentou que a percepción do sorriso é adquirida a través de frecuencias visuais baixas, o que torna visíbel a través da visión periférica [http://news.bbc.co.uk/2/hi/entertainment/2775817.stm]. Christopher Tyler e Leonid Kontsevich, do Instituto Smith-Kettlewell para a Investigación do Ollo, (San Francisco) acreditan que a natureza en mudanza do sorriso é causada por niveis variábeis do ruído aleatorio no sistema visual humano [http://www.newscientist.com/news/news.jsp?id=ns99996056]. O historiador Maike Vogt-Luerssen discute que Isabel de Aragón (considerada como modelo) era infeliz porque o seu marido era impotente, alcólico e propenso á agresión física. Isabel describiuse como ''A máis infeliz esposa do mundo''.
 
* En [[1963]], [[Andy Warhol]] lanzou unha serie de [[serigrafía]]s a cores da ''Mona Lisa'', afirmando o seu estatuto de icona, ao lado de [[Marilyn Monroe]] ou [[Elvis Presley]].
 
* ''[[O Sorriso dade Mona Lisa]]'' (2003) é un filme que explora os ideais feministas.
 
* A pintura ten un papel central no libro best-seller ''[[O Códigocódigo daDa Vinci]]'' de [[Dan Brown]] (2003).
 
==Notas==
 
== Véxase tamén ==
*[[Cadros de Leonardo da Vinci]]
{{Commonscat|Mona Lisa}}
===Outros artigos===
*[[Cadros de Leonardo da Vinci]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.insecula.com/oeuvre/O0017136.html/ Insecula.com] {{Fr}}.
 
{{Leonardo}}
 
[[Categoría:Obras pictóricas de Leonardo da Vinci]]
 
199.273

edicións