Xardinaxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Liña 191:
Situado en Vigo, corresponde á antiga quinta do [[Pazo de Castrelos|Pazo Quiñones de León]], que pertenceu entre 1678 e 1918 á familia Gago de Mendoza Oca Sarmiento e Montenegro, dende Antonio Feliz Tavarés Ozores e Soutomaior até [[Fernando Quiñones de León e Elduayen]], marqués de Valadares e de Mos. Hoxe pertence ao concello de Vigo. Salienta a superficie arborada de todo o parque, atravesado polo [[río Lagares]], con árbores de interese, e dominando o [[plátano común|plátano]] (''Platanus x hispanica'') como especie principal. Nos anos 90 do século XX ampliouse con acerto paisaxístico unha zona con varias lagoas e fontes. A horta traseira do pazo tranfórmase a finais do século XIX, segundo parece coa firma lusa [[Jacintho de Mattos do Porto]], ofrece cinco hectáreas con categoría de xardín histórico e unha ruta botánica de alto valor estético. Está dividido en cinco sectores: acceso, [[roseira]]s da parte superior, [[xardín francés]], [[xardín inglés]] e bosque.
 
Orientados ao sur, todo o contraste entre os diferentes conceptos de xardín. Ao pé das fiestras, o [[Racionalismo|racionalista]]: simétrico, estable e proporcionado no que salienta a escultura vexetal da [[sebe]] de buxos. Na parte baixa, o romántico inglés: estilo subxectivo, camiños imprevistos, especies de crecemento libre e elementos sacados do orientalismo como pavillóns e pagodes a escala. Destaca o paseo con dobre fileira de [[Camelia do Xapón|camelia]]s chamado Paseo de [[Antonio Odriozola]] en honra do estudoso deste xénero. Conduce cara o viveiro e a cancha de tenis, que data da introdución deste deporte en Galicia cando na ría ancoraban naves inglesas. Asemade, atoparemos nesta zona estremeira do bosque unha liña dos [[Eucalipto azul|eucalipto]]s plantados no ano 1872 e un orixinal [[Pombal (edificio)|pombal]] ergueito sobre un emerxente penedo, no cal cría unha colonia controlada de pombas zuras. Salientan moitos exemplares ornamentais, entre eles a [[Camelia do Xapón|camelia]] máis vella de Galicia, algúns ''[[Ficus]]'', [[magnolia]]s (''[[Magnolia grandiflora]]''), [[árbore das tulipas|árbores das tulipas]] (''Liriodendron tulipifera''), [[faia]]s, [[teixo]]s, [[Palmeira (botánica)|palmeira]]s, [[acacia]]s, etc.
 
Foi declarado [[Xardín Histórico]] e Ben de Interese Cultural en 1955.