Diferenzas entre revisións de «Neptuno»

sen resumo de edición
(ampío de en.wiki)
 
'''Neptuno''' é o oitavo [[planeta]] a partir do [[Sol]], e o [[xigante gasoso]] máis afastado no noso [[sistema solar]]. Neptuno recibiu o nome do [[Neptuno (deus)|deus romano dos mares]] e o seu símbolo astronómico é ♆, unha versión estilizada do tridente do deus. Neptuno ten 17 veces a masa da [[Terra]] e é lixeiramente máis masivo que [[Urano]], que ten 15 veces a masa da Terra pero non é tan denso. De media, Neptuno orbita ao redor do Sol a unha distancia de 30,1 UA, unhas 30 veces a distancia da Terra ao Sol.
 
Neptuno foi o primeiro planeta atopado por predición matemática en vez de pola observación empírica. Inesperados cambios na órbita de Urano levaron a [[Alexis Bouvard]] a deducir que esta era obxecto dunha perturbación gravicional producida por un planeta descoñecido. Neptuno foi posteriormente observado o [[23 de setembro]] de [[1846]] por [[Johann Galle]] máis ou menos na posición pronosticada por [[Urbain Le Verrier]], e a súa maior lúa, [[Triton]], foi descuberta pouco despois, aínda que ningunha das restantes 13 lúas foron localizadas telescopicamente ata o [[século XX]]. Neptuno foi visitado por unha nave, a ''[[Voyager 2]]'', que sobrevoou o planeta o [[25 de agosto]] de [[1989]].
 
== Características ==
62.312

edicións