Neptuno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
ampío de en.wiki
Liña 9:
 
A estrutura interna lembra a de [[Urano (planeta)|Urano]] -- un núcleo rochoso cuberto por unha codia de xeo, agachada no profundo da súa grosa atmosfera. Os dous terzos internos de Neptuno están compostos dunha mestura de rocha fundida, [[auga]], amonio líquido e [[metano]]. A terza parte exterior é unha mestura de [[gas]]es quentes composta por [[hidróxeno]], [[helio]], auga e metano. Igual que Urano e a diferenza da composición uniforme de [[Xúpiter (planeta)|Xúpiter]] e [[Saturno (planeta)|Saturno]], considérase que a estrutura interna de Neptuno consta de tres capas. Como Urano, o [[campo magnético]] de Neptuno é moi inclinado en relación ao seu eixo rotacional, a 47 °C, e desviado no mínimo en 0,55 radiáns (preto de 13.500 km) do centro físico do planeta. Comparando o campo magnético dos dous planetas, os científicos coidan que esta orientación extrema se debe aos característicos fluxos no interior do planeta, e non ao resultado da orientación lateral de Urano.
 
== Órbita e rotación ==
A distancia media entre Neptuno e o [[Sol]] é duns 4.500 millóns de quilómetros (ao redor de 30,1 [[Unidade astronómica|UA]]), e completa unha órbita de media cada 164,79 anos, cunha variabilidade dus ±0,1 anos.
 
O [[11 de xullo]] de [[2011]], Neptuno completou a súa primeira órbita [[Coordenadas baricéntricas (astronomía)|baricéntrica]] dende o seu descubrimento en [[1946]], aínda que apareceu no súa posición exacta no ceo no momento do seu descubrimento, debido a que a Terra estaba nunha localización distinta na súa órbita de 365,25 días. Debido ao movemento do Sol en relación co do baricentro do [[Sistema Solar]], o 11 de xullo Neptuno tampouco estaba na posición do seu descubrimento con relación ao Sol; se se usa o sistema heliocéntrico de coordenadas máis común, a lonxitude do descubrimento acadouse o [[12 de xullo]] de [[2011]].
 
A órbita elíptica de Neptuno está inclinada 1,77° comparada coa da Terr. Debido a unha excentricidade de 0,011, a distancia entre Neptuno e o Sol varía 101 millóns de km entre o [[perihelio]] e o [[afelio]], os puntos máis próximo e máis lonxano do planeta ao Sol ao longo da súa traxectoria orbital.
 
A inclinación axial de Neptuno é de 28,32°, semellante ás inclinacións da Terra (23°) e [[Marte]] (25°). Como resultado este planeta experimenta cambios estacionais parecidos. O longo período orbital de Neptuno fai que as súas estacións duren 40 anos terrestres. O seu período de rotación sideral (día) é de aproximadamente 16,11 horas.
 
Debido a que Neptuno non é un corpo sólido, a súa atmosfera sofre rotación diferencial. A ampla zona ecuatorial xira nun período dunhas 18 horas, máis lento que as 16,1 horas do campo magnético do planeta. Polo contrario, nas rexións polares o período de rotación é de 12 horas. Esta rotación diferencial é a máis pronunciada dos planetas do Sistema Solar.
 
== Formación e migración ==