Bidueiro pubescente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 45:
== Distribución e hábitat==
O bidueiro é a [[Magnoliophyta|anxiosperma]] de porte arbóreo de distribución máis setentrional. As poboacións subárticas non desfrutan do porte descrito en seccións anteriores, senón que posúen un perfil máis achaparrado ou repoludo, máis apto contra as [[cifra]]s e para resistir o peso da [[neve]]. Hai autores que separan aos individuos pertencentes a estas subpoboacións na subespecie ''Betula pubescens'' subsp. ''tortuosa'', o bidueiro ártico; as súas características definitorias, ademais da distribución islandesa e groenlandesa, corresponderían a un talle menor, de 5 a 6 m.
Na [[Península Ibérica]] é frecuente no [[Cordilleira Cantábrica|Cordal Cantábrica]], [[Sistema Ibérico]], [[Sistema Central]]. Nestas serras mestúrase frecuentemente con [[acivro]]s e [[capudre]]s (''[[Sorbus aucuparia]]''). Nos clareiros dos bidueirais medra gran cantidade de [[xanzá]] (''[[Gentiana lutea]]'') que se aproveita, así coma [[Uz branca|uces brancas]], extensos tapices de [[arandeira]]s e [[xesta]]s. En Galicia é frecuente en todo o territorio, mesturándose entre as especies das [[fraga (botánica)|fragas]] ou formando bidueirais. No sur do país é unha das especies de [[bosque de ribeira|ribeira]]. Non ten grandes esixencias de solo polo que soe aproveitar terreos degradados por lumes, medrando incluso nos noiros das autoestradas.
 
== Usos ==