Orson Welles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 65 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q24829
Corrección ortográfica
Liña 8:
Aos 18 anos, Welles comezou a traballar no teatro en [[Irlanda]]. Logo trasladouse a [[Nova York]], onde debutou ao ano seguinte en Broadway coa representación de ''Romeo e Xulieta''. Fundou posteriormente a compañía de teatro Mercury Theatre, coa que obtivo grande éxito. En [[1938]], xunto con varios colegas da súa compañía, representou por radio, na cadea CBS, unha adaptación da obra de [[H. G. Wells]] ''A guerra dos mundos''. O realismo foi tal que a emisión causou auténtico pánico en [[Nova Jersey]], onde segundo a obra tiña lugar a invasión dos [[extraterrestre]]s. Este episodio deulle fama mundial, e levouno á [[RKO Pictures]] a contratalo en [[1939]] con plena liberdade para escribir, producir e dirixir.
 
Posteriormente, Welles convenceu ao guionista [[Herman J. Mankiewicz]] para escribiren unha historia baseada na vida de [[William Randolph Hearst]], magnate da prensa, propietario de dous importantes xornais. Tras uns retoques que el mesmo realizou no guión, Welles dirixiu a película co título de ''Citizen Kane''. Hearst tentou prohibir a proxección, pero estreoseestreouse en [[1941]] con grande éxito de crítica, aínda que non de taquilla, debido ás trabas que tivo na distribución, promovidas por Hearst.
 
Actor prolífico, Welles a míudo valíase do seu traballo de actor para financiar os seus proxectos como director. Foi un dos directores de maior talento da historia do cine, ''Cidadán Kane'', no seu momento e agora, representou (e representa) un prodixio da técnica e narrativa cinematográfica. O plano secuencia inicial (unha toma ininterrompida de varios minutos) de ''Sede de mal'' amosa un dominio da posta en escena e organización dos movementos como só un cineasta da súa categoría podía conseguir. Mesmo obras menores coma ''O estraño'' presentan pegadas do seu grande talento.