Lois Tobío Fernández: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Unificando {{Referencias}} -> {{Listaref}}
Hai varios libros que se chaman ''Historia de Galiza'', véxase Historia de Galiza (homónimos)
Liña 45:
Tobío axiña contactou cos medios intelectuais da capital uruguaia, e tamén co exilio republicano e o [[exilio galego de 1936|exilio galeguista]]. Socio da [[Casa de Galicia de Montevideo|Casa de Galicia]], o centro máis importante de galegos do país, participou en numerosos actos, entre as que se contaron as visitas de Castelao en 1940, [[1944]] e 1945. Coa axuda de Tobío, presentouse o [[Consello de Galiza]] precisamente en [[Montevideo]], o [[30 de xuño]] de [[1945]], baixo a presidencia de Castelao. Tamén participou, en setembro de [[1950]] na primeira emisión radiofónica en galego, ''[[Sempre en Galicia]]'', que se emitía en [[Radio Carve]], unha das emisoras máis importantes de Montevideo; e máis tarde estivo na creación do [[Banco de Galicia]] de Uruguai.
 
O exilio de Montevideo mantíñase en contacto cos centros galegos de [[Bos Aires]], e Tobío mantivo unha intensa relación cos exiliados en Arxentina e cos intelectuais galegos que facían viaxes pola emigración. Así, Tobío formou parte da na comisión organizadora do primeiro [[Congreso da Emigración]], celebrado na capital riopratense do [[21 de xullo|21]] ao [[31 de xullo]] de 1956, e foi tamén o encargado de xestionar a edición e impresión da ''[[Historia de Galiza (libroOtero Pedrayo)|Historia de Galiza]]'' de [[Ramón Otero Pedrayo]]. Paralelamente, proseguiu a súa integración na sociedade uruguaia, presidindo un club de [[equitación]] en Montevideo, e mais na súa empresa. Porén, dinámicas corporativas levaron a pechar a súa oficina e trasládano a España (primeiro a [[Barcelona]] en decembro de [[1962]] e logo a [[Madrid]] uns meses despois) encargado da tradución de documentación e publicidade da firma.
 
===Regreso a España===
A viaxe a España coincidiu cos seus últimos anos de vida profesional: unha década máis na empresa farmacéutica Roche e posteriormente, tres anos, entre 1973 e 1976, de novo dentro do ministerio de Exteriores, cando tivo que xubilarse da compañía suíza. A súa traxectoria intelectual aparece vencelladaligada aos vellos galeguistas de Madrid, nucleados ao redor de [[Borobó]], e ás súas investigacións sobre a figura do diplomático galego [[Diego Sarmiento de Acuña|o conde de Gondomar]]. Viaxou a miúdo a Galicia, tanto para visitar a amigos como para participar en actos e congresos, como simplemente de vacacións. Porén, a súa vivenda seguía establecida en Madrid. En 1986 faleceu a súa muller, e en 2003, el.
 
==Obras==