Aegaeon lacazei: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª ed. con info. tiradas das referencias
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 26 de outubro de 2013 ás 20:34

Aegaeon lacazei
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorde: Caridea
Superfamilia: Crangonoidea
Familia: Crangonidae
Xénero: Aegaeon
Especie: A. lacazei
Nome binomial
Aegaeon lacazei
(Gourret, 1877) [1]
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Aegeon brendani Kemp, 1906
  • Aegeon lacazei (Gourret)
  • Crangon lacazei Gourret, 1887
  • Pontocaris habereri Doflein, 1902
  • Pontocaris lacazei (Gourret, 1887)

Aegaeon lacazei (Gourret, 1887) = Pontoicaris lacazei (Gourret, 1887) é unha especie de crustáceo malacostráceo decápodo carideo da familia dos crangónidos que habita nas costas do océano Atlántico, desde as illas Británicas até Sudáfrica, no Mediterráneo (mares de Alborán, Adriático, Xónico e Exeo) e nas da rexión Indo-Pacífica (Madagascar, Tanzania, Polinesia francesa, Nova Caledonia).[1]

Taxonomía

A especie foi descrita en 1877 polo carcinólogo francés Paul Gourret co nome de Crangon lacazei,[1] que máis tarde foi reclasificada no xénero Pontocaris e, finalmente, no Aegaeon.

Nome galego

Os profesores F. Lahuerta e F. X. Vázquez propoñen para esta especie (que citan como Pontocaris lacazei, o nome de quisquilla blindada.[2]

Os nomes noutros idiomas, segundo este autores son:

  • Castelán: camarón blindado
  • Francés: crevette-crâne
  • Inglés: hardshell shrimp

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Aegaeon lacazei (Gourret, 1887) no WoRMS.
  2. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 223.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Türkay, M. (2001): "Decapoda", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 284-289. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos