Cirurxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 55:
A civilización mesopotámica levou á constitución das primeiras ciencias, tales como a [[metroloxía]],<ref>André Pichot, ''Op. cit.'' páx.75: Sería necesaria a invención do sistema métrico para encontrar algo equivalente.</ref>, a [[álxebra]], a [[astronomía]] (cálculos de mecánica celeste, previsións dos [[equinoccio]]s, describiron [[constelación]]s).<ref> Foron os que describiron e nomearon as que constitúen o Zodíaco.</ref> e a [[medicina]].
 
A medicina ten un estatuto particular; é a primeira ciencia práctica herdeira dun ''savoir-faire'' a tentas <ref>André Pichot, ''Op. cit.'', páx. 169: Comparativamente ás disciplinas expostas antes, a medicina ten aquí de particular que xorde máis da técnica (é dicir, da arte) que a ciencia propiamente dita, polo menos no que concerne ás súas formas primitivas.</ref> Das 30.000 táboas cuneiformes descubertas, unhas 800 tratan algún tema médico (unha delas, a primeira receita coñecida). O nome do primeiro ciruxiáncirurxián coñecido é [[Urlugaledin]], do 4000 a.C., cuxo carimbo persoal mostra dous coitelos rodeados de [[Planta|plantas medicinais]]. Este carímbo áchase no [[Museo do Louvre]] de [[París]]. O modelo de saúde-enfermidade entre os sumerios baseábase nunha concepción sobrenatural da enfermidade: esta era un castigo divino imposto por diferentes [[demo]]s tras a ruptura dalgún [[tabú]]. Por tanto a medicina estaba intimamente ligada ao sacerdocio, quedando a cirurxía relegada a especialidade médica de segunda categoría.<ref>Kramer, Samuel Noah (1975): ''La historia empieza en Sumer''. Círculo de lectores.</ref> Non obstante, o desenvolvemento das técnicas cirúrxicas é notabel: en [[Nínive]] encontráronse instrumentos de bronce e obsidiana de elegante factura: [[bisturí]]s, [[serra]]s, [[trépano]]s, etc.
 
O [[código de Hammurabi]] (achado en [[Susa]], [[Irán]], e conservado no [[Museo do Louvre]]), por outra parte, ampara baixo a súa profusa lexislación a especialidade da cirurxía. Algúns fragmentos deste código tratan especificamente sobre intervencións cirúrxicas.<ref>[[wikisource:es:Código de Hammurabi|"Código de Hammurabi"]] {{es}}</ref>
Liña 106:
Dentro do marco cultural no que nós nos desenvolvemos (a chamada ''cultura occidental''), algúns filósofos e científicos buscan as raíces da ciencia moderna na época dos antigos gregos, na [[Grecia]] clásica. Eles foron os creadores da ''lóxica dedutiva''. Porén a súa [[filosofía]] natural tiña un defecto moi importante: consideraba innecesaria a comprobación experimental das conclusións. Era, incluso, degradante para o filósofo da época suxerir que as conclusións obtidas nun proceso mental lóxico precisaban seren confirmadas pola comprobación experimental.<ref>Esta maneira de ver as cousas non variaría, substancialmente, até mediados do século XVII, data na que, grazas ás figuras de [[Francis Bacon (filósofo)|Francis Bacon]] e [[René Descartes]], os fundamentos experimentais, que son a base da ciencia, chegan a ser filosoficamente respectábeis.</ref>
 
Polo tanto, na chamada ''antigüidade clásica'' a medicina e, sobre todo, a cirurxía, estaba moi pouco desenvolvida. Como quedou dito, as tarefas manuais eran despreciadas polos científicos (filósofos) da saúde, entendiendo a ciruxíacirurxía como unha aberración do verdaidero tratamento das enfermidades, que viña dado por unha simple axuda á natureza curadora (coa [[dieta]] e a [[fitoterapia]]). Sen embargo, os filósofos denominados [[presocrático]]s son os primeiros en interrogarse sobre os fenómenos naturais. Chamados φυσιολογοι (''physiologoi'', 'fisiólogos')<ref>Do [[lingua grega|grego clásico]] φύσισ (''phýsis'', 'natureza'), e λόγος (''lógos'', 'palabra', 'expresión', 'razoamento').</ref> por Aristóteles porque tiñan un discurso racional sobre a natureza, investigan sobre as causas naturais dos fenómenos que chegaron a ser os primeiros obxectos do método.
[[Ficheiro:Hippocrates rubens.jpg|miniatura|dereita|150px|[[Hipócrates]]. Gravado de [[Peter Paul Rubens]] (1638).]]
 
Liña 114:
No ''corpus'' hipocrático advírtese unha notábel exactitude anatómica, e sorprenden algunhas propostas terapéuticas de plena vixencia na actualidade, como a drenaxe do [[empiema]] [[pleura]]l ou os tratamentos suxeridos para os traumatismos craniais.<ref>Hipócrates (1993): ''Tratados Hipocráticos VII. Tratados Quirúrgicos. Sobre Heridas en la Cabeza''. Madrid: Editorial Gredos. Biblioteca Clásica Gredos.</ref>
 
Tras Hipócrates a seguinte figura médica grega de interese é [[Aristóteles]]. Este pensador polifacético aprendeu medicina con seu pai, pero non consta que exercera esta disciplina. Aristóteles funda a [[física]] e a [[zooloxía]], cando a ciencia adquire un método, baseado na [[dedución]]. A el débese tamén a primeira formulación do [[filosofía|siloxismo]] e da [[Razoamento indutivo|indución]].<ref> Raymond Chevallier (1993): ''Sciences et techniques à Rome''. PUF, col. "Que sais-je?": Paris, páx. 75</ref> As nocións de "materia", "forma", "potencia" e "acto" foron os primeiros conceptos de elaboración abstracta.<ref>Véxase L. Couloubaritsis (2000): ''La Physique d'Aristote: l'avènement de la science physique''. París: Vrin, 2ª ed.</ref> Para Aristóteles, a ciencia está subordinada á filosofía ("é unha filosofía secundaria", dixo) e ten por obxecto a busca dos primeros [[Principio (filosofía)|principio]]s e das primeiras [[causa]]s, o que o discurso científico chamará o [[determinismo|causalismo]] e que a filosofía denomina [[aristotelismo]]. Aristóteles é a orixe dun retroceso do pensamento en relación a certos presocráticos. En cambio, a súa [[escola peripatética]] foi a cuna de varios médicos e ciruxiánscirurxiáns famosos da época, aínda que non achegaron novidades destacábeis en materia de cirurxía.
 
'''Período alexandrino. Alexandría na época romana'''
Liña 183:
Na Baixa Idade Media fai a súa aparición a [[lóxica]], que permite que se desenvolvan diversos métodos científicos, así como os esforzos para elaborar [[modelo matemático|modelo]]s matemáticos ou [[médico]]s, o que xogará "un papel maior na evolución das diferentes concepcións do status das ciencias".<ref>Christophe Grellard (editor), ''Méthode et statut des sciences à la fin du Moyen Âge'', Presses Universitaires du Septentrion, 2004, páxs. 8-9.</ref> Por outra parte, o mundo medieval occidental ve aparecer unha "laicización do saber", concomitante coa "autonomización das ciencias".
 
A cirurxía non se desenvolve até os [[século XII|séculos XII]] e [[século XIII|XIII]]. No século XIII os estudos de ciruxíacirurxía máis importantes lévanse a cabo en torno a [[Boloña]], na recente universidade inaugurada en [[1088]], onde Hugo de Borgognoni funda a facultade de medicina. O seu fillo Teodorico de Borgognoni ([[1205]] - [[1296]]) escrbiu ''Chirurgia'', un tratado dedicado exclusivamente á cirurxía, no que pon en discusión a práctica, herdada de Galeno, de deixar que as feridas se carguen de pus, como a medida máis eficaz para a súa curación. Para as [[Sutura (medicina)|sutura]]s utilizaba fío fabricado con intestino de animais, (auténtico precursor do [[catgut]], fío de sutura utilizado antes do desenvolvemento dos materiais sintéticos, feito a partir do intesino de cabalo ou de cabra, e utilizado para as suturas internas, de maneira que puidesen seren reabsobidas co tempo).
 
[[Guglielmo da Saliceto]], outro profesor da escola de Boloña, escribiu ''Chirurgia'' coa intención de deixar os seus coñecementos neste campo ao sue fillo, e que despois se convertiu nun manual de referencia para as facultades de medicina medievais. Nesta obra deixa algunhas reflexións sorprendentes sobre o [[cancro]], exepcionais tendo en conta os escasos coñecementos de [[fisioloxía]] da época. [[Guido de Lanfranc]], alumno de [[Guglielmo da Saliceto]] está considerado como o pai da cirurxía francesa. No [[século XII]] florece a escola de [[Montpellier]]. Un dos seus profesores de anatomía foi [[Henry de Mondeville]] ([[1260]]-[[1320]]), médico do rei [[Filipe o Fermoso]] de Francia, aínda se o máis famoso foi [[Guy de Chauliac]] ([[1290]]-[[1368]]), autor de ''La grande chirurgia''. Este cirurxián foi o primeiro en facer observacións sobre as feridas da armas da fogo, utilizadas por primeira vez polos ingleses en [[1346]] na [[batalla de Crecy]].<ref>Ballesteros Massó, R.; Gómez Barrena, E. & Delgado Martínez, A. D.: ''Historia de la Traumatología y Cirugía Ortopédica''.</ref>
 
=== A ciruxíacirurxía renacentista ===
O [[Renacemento]] é un período que se sitúa en [[Europa]] no fin da [[Idade Media]] e no comenzo da [[Idade Moderna]]. Chámase así polo redescubrimento dos traballos dos antigos pensadores [[Grecia|gregos]] e [[Roma|romanos]], que marcou a fin da Idade Media e creou [[alicerce]]s sólidos para o desenvolvemento de novos coñecementos. Dos científicos desta época destácanse [[Francis Bacon (filósofo)|Francis Bacon]], [[Nicolao Copérnico]] e [[Galileo Galilei]]. Eles estableceron o denominado [[método científico]].
 
Liña 208:
 
==== Os barberios ====
Xa desde o [[século XIII]] a categoría dos cirurxiáns franceses viña incrementándose e facéndose visíbel mediante a autoridade para vestir a [[Toga (vestimenta)|toga]] longa e realizar cirurxía maior. Ao largo dos seguientes séculos comeza a empregarse o termo de "barbeiro" para referirse a un gremio de "prácticos", non médicos, descoñecedores do [[latín]] e cuxo campo de actuación limitábase a intervencións menores, como [[flebotomía]]s, extracción de pezas dentarias, ou curación de pequenas feridas. En Francia, os éxitos da ciruxíacirurxía durante o Renacemento, como veremos a continuación, levarían á desaparición das diferenzas de clase entre os médicos e os cirujanoscirurxiáns.
 
Non obstante, os barbeiros seguirían realizando a súa función social libremente durante moito tempo, até a fundación da ''Académie Royale de Chirurgie'' en [[1731]], dirixida nos seus inicios polo cirurxián [[Jean Louis Petit]], quen perfeccionó o [[torniquete]]), e a promulgación da ordenanza de [[Luis XV]] prohibindo aos barbeiros o exercicio da cirurxía.
Liña 228:
</center>
 
=== O século XVIII: a ciruxíacirurxía ilustrada ===
O desenvolvemento das [[física|ciencias físicas]] e [[bioloxía|biolóxicas]] que se produce a partir do Renacemento supón o definitivo empuxón para a cirurxía como disciplina médica con suficiente entidade propia.
[[Ficheiro:Chirurgisches Gerät 1749.jpg|miniatura|280px|esquerda|Ilustración do libro de Lorenz Heister ''Institutiones chirurgicae, in quibus quicquid ad rem chirurgicam pertinet optima et novissima ratione pertractatur''.]]
Liña 254:
A [[laparoscopia|cirurxía laparoscópica]] é unha técnica cirúrxica que se practica a través de pequenas escisións, usando a asistencia dun sistema óptico que permite ao equipo médico ver o campo cirúrxico dentro do paciente e actuar nel. Chámaselle a estas técnicas mínimo-invasivas ou de mínima invasión, xa que evitan os grandes cortes de bisturí requiridos pola cirurxía aberta ou convencional e posibilitan, polo tanto, un periodo postoperatorio moito más rápido e confortábel.
 
== Ramas da ciruxíacirurxía ==
=== Especialidades cirúrxicas ===
* [[Cirurxía xeral]]