Leishmania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 185:
 
===Captación e supervivencia===
[[Ficheiro:Leishmaniasis life cycle diagram en-gl.svg|miniatura|579px|center|Ciclo de vida de ''Leishmania''.]]
 
Cando hai unha infección os [[leucocito]]s [[polimorfonuclear]]es (PMN) saen da circulación sanguínea atravesando a capa [[endotelio|endotelial]] dos vasos sanguíneos e diríxense ao sitio onde está o tecido infectado (neste caso o tecido dérmico despois da picada da mosca vector). Alí empezan inmediatamente a desenvolver a resposta inmunitaria inicial e fagocitar ao invasor ao detectar moléculas activadoras na superficie do microorganismo invasor e de células propias. Neste proceso orixínase unha [[inflamación]]. Os polimorfonucleares activados [[secreción|segregan]] [[quimiocina]]s, especialmente [[interleucina 8|IL-8]], para atraer a máis [[granulocito]]s e estimular neles a [[fagocitose]]. Isto pode ser prexudicial para o parasito ao principio, pero non a longo prazo, xa que o microbio ten diversas maneiras de sobrevivir dentro da célula. Sábese que a coinxección de patóxenos apoptóticos xunto con viables dá lugar a un curso da enfermidade máis fulminante que cando se inxectan só parasitos viables. Ao estar exposta na superficie dos parasitos mortos o sinal antiinflamatorio [[fosfatidilserina]], molécula que se encontra comunmente nas células apoptóticas, ''Leishmania major'' pode desactivar a [[explosión oxidativa]], polo que o sistema inmunitario non consegue matar e eliminar o parasito viable que fora coinxectado co apoptótico.