Boeing: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Beninho (conversa | contribucións)
m ampío de en.wiki
Liña 49:
Ao comezar a década dos 70 Boeing tivo que enfrontarse a unha nova crise. O programa espacial Apollo, no que Boeing estivera participando de xeito importante, foi cancelado case por enteiro. Unha vez máis a empresa confiou en poder compensar a perda de vendas cos seus avións comerciais. Porén, naquela época as compañías aéreas de todo o mundo atravesaban á súa vez un mal momento, de xeito que Boeing non recibíu ningún pedido de avións en todo un ano. A súa aposta de futuro, o novo modelo [[Boeing 747|747]], derivado dun proxecto de transporte estratégico para o Exército dos Estados Unidos, estábase retrasando na súa fabricación e orixinaba, ademais, custes máis elevados do previsto. A todo isto sumouse que o Congreso estadounidense desestimou o apoio financieiro ao proxecto de avión civil supersónico de Boeing, a resposta ao avión supersónico franco-británico [[Concorde]], o cal obligou a Boeing a abandonar o desenvolvimento dun avión no que xa invertira moitos cartos. Unha vez máis Boeing víuse na obriga de reducir o seu plantel de traballadores, que pasou de 80.000 persoas a 40.000 só na área de [[Seattle]]. Por fin, na ano [[1970]] o primeiro exemplar do novo avión [[Boeing 747]] foi posto en servizo, un catrimotor de longo alcance con capacidade para 460 pasaxeiro, e con elo o maior avión comercial da historia da aviación durante moito tempo. Este avión tivo un éxito extraordinario dende a súa aparición. Coa chegada do [[Airbus A380]] (que entrou en servizo no ano [[2007]]), un avión de dous pisos con capacidade de asentos superior ao 747, Boeing atópase por vez primeira cun competidor para este avión.
 
=== Anos 80 ===
De cara a [[1983]] a situación económica volveu mellorar, e con elo a das compañías aéreas, e Boeing entregou o exemplar número 1.000 do seu 737. A medida que o tráfico de pasaxeiros medraba en todo o mundo a competencia entre os fabricantes de avións endurecíase. Boeing tivo que enfrontarse tamén a un acabado de chegar, esta vez de [[Europa]], que paso a paso foi introducindo no mercado novos modelos de avións comerciais, o consorcio [[Airbus]]. Isto obrigou a Boeing a desenvolver á súa vez novos modelos, que foron o [[Boeing 757]], avión dun corredor central para percorridos medios, o [[Boeing 767]], de cabina ancha e dous corredores, para rutas medias e longas e con licenza para sobrevoar océanos a pesar de ser un bimotor.
 
Na división espacial Boeing participou neses anos no desenvolvemento e a fabricación da lanzadeira espacial, o ''Space Shuttle'', aproveitando a súa experiencia na produción de motores para mísiles e no programa Apollo. Tamén contribuíu con outros produtos ao plan espacial estadounidense, así como á [[Estación Espacial Internacional]] da que se convertíu no principal subministrador. Simultaneamente Boeing fabricou varios aparatos militares, coma o helicóptero de combate RAH-66 Comanche, o sistema de defensa Avenger e unha nova xeración de mísiles de curto alcance.
 
Durante a década dos 80 traballou en varios proxectos militares, incluído o seu apoio ao bombardeiro furtivo [[Northrop Grumman B-2 Spirit|B-2]]. Como parte dun equipo liderado por [[Northrop]], Boeing fabricou a parte exterior da á do B-2, a sección central da fuselaxe de cola, o tren de aterraxe, o sistema de combustible e o de armas. No ano [[1991]] o B-2 era o maior programa militar de Boeing, empregando a unhas 10.000 persoas. Ese mesmo ano, a National Aeronautic Association dos [[Estados Unidos]] premiou ao equipo de deseño do bombardeiro co Collier Trophy polo maior logro aeroespacial do país. O primeiro B-2 saíu da factoría de [[Palmdale, California]], en novembro de [[1988]] e voou por vez primeira o [[17 de xullo]] de [[1989]].
 
== Notas ==