Andrés Gaos Berea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
caixa
Piquito (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 24:
Andrés Gaos amosou aptitudes musicais xa aos dez anos ao gañar un premio como violinista. En [[1884]] ingresou nun Centro Musical da [[A Coruña|Coruña]]. Posteriormente conseguiu unha bolsa da Deputación e trasladouse a [[Madrid]] para continuar os seus estudos no Conservatorio. En [[1888]] volveu á Coruña e conseguiu máis bolsas para realizar estudos en [[París]] e [[Bruxelas]]. En [[1895]] viaxou a América e dedicouse a dar clases de música en [[Bos Aires]] e [[Montevideo]]. En [[1896]] casou coa cantante América Montenegro, coa que tivo cinco fillos, e fixaron a súa residencia principal en Bos Aires, pero establecéndose durante períodos moi prolongados -ás veces de anos- en Francia por razóns das súas xiras de concertos. En [[1917]] divorciáronse e Andrés casou con rapaza Luisa Guillochon (alumna súa), coa que tivo tres fillos.
 
A súa actividade, a partir de 1930, desenvolveuse fundamentalmente na [[Arxentina]], aínda que en ocasións visitou a súa cidade natal para ofrecer algún concerto. Contra [[1899]] publicou obras para canto e piano e unha [[habanera]] para violino e piano. Entre [[1912]] e [[1916]] compuxo un bo número de cancións, unha das cales foi premiada pola Asociación Wagneriana de Bos Aires. En [[1916]] obtivo un premio en [[Tucumán]]-lugar onde transcorre a acción da súa única ópera, ''[[Amor vedado]]''- pola música e letra do himno oficial do Centenario da Independencia Arxentina. En [[1917]] compuxo ''Elegía para piano e violín'', dedicada ao seu amigo [[Pau Casals]] que nunca a interpretou. A súa última actuación na Coruña foi en [[1927]]. Entre outras composicións incluíu dúas obras del, entre elas a ''Danza arxentina nº 3'', que acadou un grande éxito.
 
==Obra==
Como compositor, destacan obras como a Sinfonía nº 2 ''En las montañas de Galicia'', ''Crepúsculo en la Alhambra'', ''Aires gallegos'', ''Impresión nocturna'', ''Miniaturas'', ''Tormenta'', ''Marcha fúnebre'', ''Sonata opus 37'', ''Rosa de Abril'' para piano(sobre o poema homónimo de ''[[Cantares Gallegos]]'' de [[Rosalía de Castro]], e a ópera ''[[Amor vedado]]'', ''Allegro para Violín e Orquestra'', Opus 24, ''Sinfonía en la menor'' (en tres movementos), ''Humoresca para violonchelo e piano'', ''Romanza para Violino e Piano'', ''Impresión Nocturna''. Ademais, dirixiu en varias ocasións as orquestras sinfónicas de Berlín, París, Roma e Milán.
 
Algunhas destas obras están gravadas en disco pola [[Orquestra Sinfónica de Galicia]], baixo a dirección de [[Víctor Pablo Pérez]], quen ten estreado a práctica totalidade da obra orquestal e lírica de Andrés Gaos.