Orde de Santiago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
*Badajoz>Badaxoz
Liña 12:
=== A Orde en Castela e León ===
[[Ficheiro:Ucles Cuenca España Monasterio y Castillo. Ucles. Cuenca Spain. Monastery Headquaters of Sant Jacques Order..jpg|200px|miniatura|dereita|Mosteiro e castelo de [[Uclés]].]]
Afonso VIII cedeulle [[Uclés]] en [[1174]] á orde, sendo desde aquela a súa casa principal, de onde a designación usada nos primeiros tempos para a Orde como ''Orde de Uclés''. Máis adiante, en [[1211]], [[Moya]] e [[Mira, Cuenca|Mira]], ás que se unirían posteriormente [[Osa]], [[Campo de Criptana]], [[Pedro Muñoz]], [[Montiel]] e [[Alhambra]]. Os cabaleiros de Santiago participaron na reconquista das comarcas de [[Teruel]] e [[Castelló]] e combateron na [[batalla das Navas de Tolosa]] en [[1212]]. Os monarcas castelán-leoneses concedéronlles privilexios que permitiron á orde repoboar extensas rexións da [[Andalucía]] e [[Murcia]]. Durante o [[século XV]], a orde trasladou o seu radio de acción a [[Serra Morena]] e tomou como lugar habitual de residencia dos seus mestres a poboación de [[Llerena]] ([[provincia de BadajozBadaxoz|BadajozBadaxoz]]), proporcionando un alto crecemento tanto nesta poboación coma nos arredores.
 
Co pasar do tempo e o fin da [[Reconquista]], a Orde de Santiago viuse implicada nas loitas internas de Castela. Ao mesmo tempo, debido aos seus innúmeros bens, tivo que, por varias veces, sustentar as pretensións da Coroa. Por outro lado, sendo o cargo de Gran-mestre de tamaña importancia, eran frecuentes as loitas entre grandes familias para alcanzar esa dignidade. Ata tal punto desacreditaran á orde estes escándalos, que á morte do Gran-mestre [[Alonso de Cárdenas]] en [[1493]], os [[Reis Católicos]] pediron á [[Santa Sé]] que providenciase unha forma de acabar cos problemas na administración da orde, reservando para si mesmos o mestrado da orde. Así, por unha bula de [[1493]], o papa concedeu aquela dignidade aos Reis Católicos, medida que era ao mesmo tempo unha recompensa polos servizos prestados polos reis de Castela e Aragón ao servizo da fe [[catolicismo|católica]], pois en [[1492]] fora conquistada [[Reino de Granada|Granada]], último reduto [[musulmán]] da [[Península Ibérica]].