Antonio Gamoneda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
máis categorías
Elisardojm (conversa | contribucións)
*Badajoz>Badaxoz
Liña 17:
Durante esta segunda etapa, entre 1979 e 1991, foi director xerente da [[Fundación Sierra-Pambley]], creada en [[1887]] por [[Francisco Giner de los Ríos]] baixo os principios da [[Institución Libre de Enseñanza]]. Posteriormente foi membro do Padroato até [[2007]].
 
En [[1992]] publicou ''Libro del frío'', que o consagrou como un dos poetas máis importantes en lingua castelá. En [[2000]] apareceu a versión definitiva desta obra, que incluía ''Frío de Límites'', obra procedente dunha colaboración con [[Antoni Tàpies]] pero que, desgaxada da pintura, adquiría o carácter de ''[[addenda]]'' necesaria de ''Libro del frío''. Previamente apareceran os poemas de ''Mortal 1936'', acompañando unhas serigrafías de [[Juan Barjola]] sobre a matanza na praza de touros de [[BadajozBadaxoz]] durante a guerra civil, e non chegaron a publicarse ''Exentos III'' ([[1993]]-[[1997]]).
 
''De un diccionario relativo a la ciencia médica arcaica'' ([[1993]]-[[1998]]) e ''Libro de los venenos'' (1995) son obras máis atípicas que parten da convicción do autor de que a linguaxe arcaica se cargou esteticamente até se converter en poesía, e revelan a fascinación do poeta pola [[tradución]] de [[Dioscórides]] realizada por [[Andrés Laguna]] no século XVI e a súa interpretación en clave poética por Gamoneda.