Joaquín Pais Llorens: Diferenzas entre revisións

mestre e político galego
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Joaquín Pais Llorens''', nado en Marín en 1888, foi un mestre e político galego. ==Traxectoria== Mestre. Exerceu na Pobra do Caramiñal e ..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 23 de outubro de 2013 ás 16:00

Joaquín Pais Llorens, nado en Marín en 1888, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

Mestre. Exerceu na Pobra do Caramiñal e en outubro de 1918 trasladouse a Redondela. En agosto de 1924 foi elixido vocal da Unión Patriótica. Na Segunda República foi elixido presidente da Comisión Xestora Municipal de Redondela en marzo de 1933, cesando no cargo logo das eleccións de abril dese ano. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo e sufriu un expediente de depuración que tivo como resultado a súa destitución como mestre. Nos anos cincuenta montou un negocio de material eléctrico en Marín.


Predecesor:
Serafín Alonso Veiga
  
Alcalde de Redondela
 
1933
Sucesor:
Serafín Dacosta Pazo

Vida persoal

Casou con Herminda Amaro Conde e tivo tes fillos: Mª del Carmen Jesusa, José María e Joaquina.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Do Castro, ed. Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada. p. 301. ISBN 84-8485-090-0.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coautores= (Axuda);

Ligazóns externas