Diferenzas entre revisións de «Transliteración»

*Badajoz>Badaxoz
(+imaxe)
(*Badajoz>Badaxoz)
* En alemán B pronúnciase /b/, W pronúnciase /v/ e V ou F pronúncianse /f/. O normal é manter fidelidade escrita e escribir Leverkusen (e non Leferkusen) ou . Entón, ¿por que traducir [[Mainz]] por [[Maguncia]] ou [[Aachen]] por [[Aquisgrán]]? ¿E as belgas [[Liège]] por [[Liexa]], Gant por [[Gante]] ou [[Bruxelles]] por [[Bruxelas]], cando outras máis pequenas non se opta por traducilas?
* En portugués hai certos grafemas (til de nasalidade, LH, NH) distintos dos nosos, por moito que pronuncien o mesmo ca o galego (ou moi semellante). ¿Débense conservar ou vertelos ó galego?
* En castelán existe un [[fonema]] con son /x/ (escrito J) que non aparece en galego. Ás veces hai quen prefire traducilo por X mentres que outros o deixan no orixinal coma co alemán. Á parte está que o ensino en Galicia permítenos a todos recoñecer e pronunciar correctamente os lugares hispanofalantes: [[BadajozBadaxoz]], [[A Rioxa - La Rioja|La Rioja]] ou [[Guadalajara]] (en España ou Hispanoamérica) son nomes que un galego sabe pronunciar ben, pero ¿débese partir desa base?;
* Este son aspirado aparece máis suave no inglés e no alemán (pero escríbense respectivamente H e CH). ¿Pódese utilizar a solución de adaptación da oralidade en castelán mentres usar a fidelidade á escrita noutras linguas?
* En francés a capital de [[Burkina Faso]] escríbese [[Ouagadougou]] pero pronúnciase /uagadu'gu/. É ilóxico escribilo en galego coma en francés xa que este non é a lingua orixinal que deu nome á cidade: nós deberiamos pór [[Uagadugú]]. O mesmo S do nome do país responde a unha necesidade do francés de distinguir /s/ de /z/. En galego, onde non existe /z/, pódese obviar o dobre S cando exista, pero a fidelidade oral ou escrita obrigan ó seu uso ([[Guiné Bissau|Guiné-Bissau]]).
88.534

edicións