Galeón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Arranxando ligazóns a proxectos Wikimedia e aplicando enderezos URL de protocolo relativo
Elisardojm (conversa | contribucións)
arr
Liña 5:
O galeón é unha embarcación tipicamente española, que xurdiu para cubrir a necesidade da Coroa dun navío que compartise a capacidade de carga da [[Barco|nave]] coa velocidade e maniobrabilidade da carabela, co obxectivo de explorar e comerciar coas Indias recentemente descubertas. A primeira mención do termo é incerta, xa que na época en que se empeza a usar o termo non existía unha nomenclatura exacta para definir os distintos tipos de embarcacións, e a partir de principios do século XVI hai unha tendencia por parte da coroa española de chamar galeón a calquera navío armado de gran tamaño.
 
O termo galeón aparece en documentos moi anteriores a esta época. Do mesmo xeito que a [[Fragata (barco de velabuque)|fragata]] e o [[bergantín]], o galeón parece xurdir como unha variante de menor tamaño da [[galera]], como se deduce dos ''Annali Genovesi'' que mencionan galeóns de 80, 64 e 60 remos, que se usaron pola súa velocidade e maniobrabilidad en misións de descuberta nos séculos XII e XIII. É moi probable que en tempos de [[cruzadas|as cruzadas]] galeóns e [[galeota]]s fosen o mesmo tipo de embarcación.
Posteriormente o termo utilizouse para denominar embarcacións só de vela. Aínda que está documentado que os [[República de Venecia|venecianos]] empregaron embarcacións de guerra sen remos en tempos tan remotos como a [[Batalla de Dirraquio (1081)|Batalla de Durazzo]] en 1081, as flotas de combate foron sempre de remos ata que os descubrimentos e as novas rutas do século XV esixiron novas embarcacións para cubrir as longas distancias. Nas crónicas da [[batalla de Preveza]] de [[1538]] menciónase unha embarcación denominada como galeón que combateu a varias galeras turcas, o que demostra que xa entón o termo designaba a navíos armados de porte considerable.
 
Liña 17:
=== Aparello ===
[[Ficheiro:Falls of Clyde mast top.jpg|miniatura|230 px|Cofa en forma de D achatada cuxo fronte mira cara a [[proa]]]]
Aínda que algúns galeóns antigos similares a naves aparellaban catro paus, [[trinquete]], [[maior]], [[mesana]] e [[contramesana]] ou buenaventura, con velas cadras no trinquete e maior e latinas nos outros dous, este número estableceuse definitivamente en tres. Os paus de mesana inclínanse cara a popa ata mediados do [[século XVII]]. Non se usan velas cangrexas nin de coitelo. A isto adoitábase engadir unha [[cebadeira]] no bauprés e en buques grandes tamén un [[tormentín]]. O velamen tende a fraccionarse con respecto a buques anteriores do mesmo tamaño e mellóranse os aparellos da [[enxarcia de labor]]. Tamén se fraccionan máis os paus engadindo [[masteleiro]]s e masteleirillos, innovación introducida polos [[Condado de Flandres|flamengos]] en [[1570]]. As [[cofa]]s reducen o seu tamaño. A partir do [[século XVII]] o bauprés desprázase cara atrás desde a parte dianteira da roda, situándoo detrás desta, a través dunha [[fogonadura]] da cuberta. Desde [[1620]] colócase unha vela cuadra no pau de mesana sobre a latina, a estes barcos empezaráselles a denominar [[Fragata (barco de vela)|fragatas]] (aínda que difiren moito dos que se chamarán co mesmo nome a partir do século seguinte).
 
=== Casco ===