Abdoulaye Wade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 25:
| Partido Democrático Senegalés
|}
'''Abdoulaye Wade''', nado o [[29 de maio]] de [[1926]] en [[Kébémer]], foi o terceiro [[Lista de presidentes dedo Senegal|presidente]] de [[Senegal]], no cargo dende [[2000]] até o [[2012]]. É tamén o líder do [[Partido Democrático Senegalés]], unha formación [[liberalismo|liberal]] que é membro da [[Internacional Liberal]].
 
==Traxectoria==
===Biografía e carreira política===
Wade, que é doutor en Dereito e en Economía, foi o eterno rival dos socialdemócratas senegaleses, pois encabezou durante décadas a oposición ao [[Partido Socialista dedo Senegal]].
 
Os intentos de Wade por chegar á presidencia dedo Senegal foron moitos, e tardou en conseguilo. En febreiro de [[1978]] participou na carreira presidencial contra o daquela presidente [[Léopold Sédar Senghor]], obtendo un 17,38% dos sufraxios. En [[1983]], [[1988]] e [[1993]] perdeu tamén os seus intentos contra o sucesor de Sédar Senghor, o tamén socialista [[Abdou Diouf]]. En febreiro de [[2000]] volveu quedar por detrás do candidato socialista, cun 31% dos sufraxios, pero Diouf tampouco acadara a maioría absoluta na primeira volta. Na segunda, Wade obtivo a vitoria cun extraordinario 58,49% dos votos, e foi investido presidente o [[1 de abril]] de [[2000]].
 
Wade tivo que facer fronte inicialmente a un [[goberno de cohabitación]] cos socialdemócratas do [[Partido Socialista dedo Senegal]], que mantivo a maioría na cámara lexislativa ata a vitoria dos liberais nas parlamentarias de [[2001]]. Foi o promotor da nova redacción constitucional, tamén de [[2001]], onde se fixaba que a partir da fin do seu mandato, en [[2007]], as eleccións presidenciais terían unha vixencia de cinco anos.
 
Nas eleccións presidenciais do [[25 de febreiro]] de [[2007]], que foron precedidas de grandes tensións e de peculiares movementos políticos entre os candidatos da oposición (e particular, os de [[Idrissa Seck]]), Wade recibou un apoio maioritario na primeira volta cifrado nun 55,86%, o que fixo innecesaria unha segunda. O segundo candidato, o tamén liberal Seck, non chegou ao 15% (14,93%), e por detrás quedou o candidato dos socialdemócratas, [[Ousmane Tanor Dieng]], cun 13,57%.
 
Pero a maior das crises políticas dedo Senegal ata o momento produciuse nas eleccións lexislativas do [[3 de xuño]] de [[2007]], cando os principais partidos da oposición, entre os que se contaba o Partido Socialista, boicotou os comicios. As razóns foron as dúbidas sobre o proceso electoral das presidenciais e o resultado, que a coalición que respaldaba a [[Wade]] se fixo con 131 de 150 deputados, mentres que o resto foi para partidos minoritarios que non superaron en ningún caso os tres representantes. A participación foi unicamente do 34,7%. Wade, logo da vitoria, nomeou como novo primeiro ministro a [[Cheikh Hadjibou Soumaré]].
 
Foi condecorado en [[2005]] co [[premio Félix Houphouët-Boigny]], que concede a [[UNESCO]].
Liña 44:
 
{{Start box}}
{{Succession box |título = {{SENb}} [[Presidente dedo Senegal]] | período = [[2000]] - [[2012]]
|predecesor = [[Abdou Diouf]]| sucesor = [[Macky Sall]]}}
{{End box}}
Liña 56:
 
{{ORDENAR:Wade, Abdoulaye}}
[[Categoría:Presidentes dedo Senegal]]
[[Categoría:Nados en Senegal]]
[[Categoría:Nados en 1926]]