Monte Aloia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 16:
 
== Vexetación ==
É abundante a vexetación arbustiva do [[toxo]], [[Queiroa|queiruga]] (''Calluna vulgaris''), [[xesta]] e [[carpazascarpaza]]s. Quedan algúns restos de caducifolio autóctono como [[carballeira]]s de [[carballo común]] (''Quercus robur'', árbore dominante antes das repoboacións do século XX), [[sobreira]]is (''Quercus suber'', que indica certa mediterraneidade no clima) e vexetación de ribeira composta por, entre outras, [[amieiro]]s (''Alnus glutinosa'') e [[salgueiro]]s (''Salix atrocinerea''). Tamén é frecuente a presenza de [[sanguiño]] (''Frangula alnus''), [[bidueiro]] (''Betula alba''), [[castiñeiro]] (''Castanea sativa''), [[acivro]] (''Ilex aquifolium''), [[érbedo]] (''Arbutus unedo''), [[estripeiro]] (''Crataegus monogyna''), [[abruñeiro]] (''Prunus spinosa''), [[pereira brava]] (''Pyrus cordata'') e [[abeleira]] (''Corylus avellana'').
 
En [[1910]] comezou a repoboación do monte con [[piñeiro]]s —[[Piñeiro bravo|do país]] (''Pinus pinaster''), [[Piñeiro rubio|silvestre]] (''Pinus sylvestris'') e [[Piñeiro de Monterrei|radiata]] (''Pinus radiata'')— e establecéronse masas de árbores exóticas dando lugar a un arboreto de grande interese. O [[Eucalipto azul|eucalipto]] (''Eucalyptus globulus'') tamén foi intoducido en grandes cantidades, constituíndo canda o piñeiro a base arbórea do monte.