John Huston: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
Comezou no cine como [[extra]] nalgunha película, como ''O home de palla'', ''Santos do inferno'' ou ''The Storm''. Grazas ao seu pai, que era actor, foi guionista de varias películas de [[William Wyler]] (''A casa da discordia'' ou ''[[Jezabel]]'') e traballou nunha cantidade impresionante de guións durante a década de 1930 e principios dos anos 1940 (''O sarxento York'', ''O dobre crime de rúa Morgue'', ''O último refuxio'', entre outras). A súa primeira película como director, da que tamén foi guionista, ''[[The Maltese Falcon (película de 1941)|O falcón maltés]]'', segue sendo considerada unha obra mestra da historia do cine, con [[Humphrey Bogart]] como protagonista. As súas seguintes películas importantes tamén estiveron protagonizadas por Bogart: ''[[O tesouro de Serra Madre]]'' e ''[[Cayo Largo]]''.
 
''[[A raíña de África]]'', outra das súas obras mestras, rodada en [[1951]], demostrou ao seu equipo ata onde estaba disposto a chegar para rodar unha película, rodando nona [[República do Congo]], con mosquitos, calor e todo tipo de enfermidades. [[Errol Flynn]] e [[Trevor Howard]] tamén sufriron grandes penalidades durante a rodaxe de ''[[As raíces do ceo]]'' no [[Chad]].
 
Con todo, a súa carreira tivo certa irregularidade, ao aceptar dirixir películas como ''[[A Biblia]]'', producida por [[Dino de Laurentiis]]; ''Annie''; ''Evasión ou vitoria'', ou ''[[Casino Royale]]'', película de [[James Bond]] que contou con cinco directores distintos.