Virxe María: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
 
{{Relixión en progreso}}
 
[[Ficheiro:Albrecht Dürer 010.jpg|miniatura|300px|A '''Virxe María''', por [[Alberto Durero]].]]
A '''Virxe María''', '''Santa María''' ou simplemente '''María''' (en [[lingua aramaica|aramaico]] ''[[Miriam (nome)|Maryām]]'') foi unha muller [[xudeu|xudía]] de [[Nazaret]] ([[Galilea]]), considerada segundo as tradicións [[Cristianismo|cristiá]] e [[Islam|musulmá]] a [[nai]] de [[Xesús de Nazaret]] e, polo tanto, para a meirande parte dos cristiáns, a nai de [[Deus]]. Entre outros dos seus nomes e títulos están o de [[Benaventurada Virxe María (catolicismo)|Benaventurada Virxe María]] e [[Nai de Deus]] nas [[cristianismo occidental|igrexas occidentais]], e o seu equivalente ''[[Theotokos]]'' no [[cristianismo oriental]], e [[Perspectivas islámicas sobre María|''Maryam'']], nai de [[Perspectivas islámicas de Xesús|''Isa'']] (Xesús) no [[islam]]. Os cristiáns manteñen que o seu fillo Xesús é [[Cristo]] (é dicir, o [[mesías]] prometido ao [[pobo xudeu]]) e [[Deus Fillo]] [[encarnación (cristianismo)|encarnado]], mentres que para os musulmáns é o mesías e un dos [[profeta]]s más importantes enviados por [[Deus]] á humanidade.
 
Segundo os [[Evanxeos canónicos]] de [[Evanxeo de Mateo|Mateo]] e [[Evanxeo de Lucas|Lucas]], María era una virxe (en [[lingua grega|grego]] ''παρθένος, parthénos'')<ref>Mateo 1:23</ref> que concibiu ó seu fillo Xesús sen intervención de ningún home (de aí o título de "Virxe"), por obra do [[Espírito Santo]]. Os musulmáns cren que concebiunoconcibiuno de xeito milagroso por intervención divina. Isto tivo lugar cando ela xa estaba [[esponsais|prometida]] a [[San Xosé]] mais aínda non estaba casada. Casou con el e acompañouno a [[Belén]], onde naceu Xesús.
 
O [[Novo Testamento]] comeza a súa crónica da vida de María coa [[Anunciación]], cando o arcanxo [[Gabriel]] aparecéuselle e anuncioulle a súa escolla divina para ser nai de Xesús. A [[tradición da Igrexa]] e o [[Protoevanxeo de Santiago]] ([[Evanxeos apócrifos|apócrifo]]) falan dos seus pais como unha parella de avanzada idade, San [[Xoaquín, pai de María|Xoaquín]] e Santa [[Ana, nai de María|Ana]].
 
Os cristiáns da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]], da [[Igrexa Ortodoxa]], da [[ortodoxia oriental]], da [[Comuñón Anglicana]] e das igrexas [[luterana]]s cren que María, como nai de Xesús, é Nai de Deus (Μήτηρ Θεοῦ) e a ''Theotokos'', "portadora de Deus". María ten recibido [[veneración]] dende os comezos do cristianismo, a través de numerosas [[advocación mariana|advocacións]] (Virxe de Fátima, de Lourdes, etc.). Hai unha grande diversidade na [[marioloxía]] e prácticas devocionais das diferentes tradicións cristiás. A [[Igrexa Católica Romana]] ten unha serie de [[dogma|dogmas marianos]]s marianos, como a [[Inmaculada Concepción]], a [[Virxindade]] perpetua de María e a súa [[Asunción de María|Asunción]] ao [[Ceo (cristianismo)|Ceo]].
 
==María nos textos relixiosos cristiáns==
Liña 96:
A introdución do cristianismo na [[Gallaecia]] caracterizouse, como en xeral sucedeu en toda Europa, por un proceso de asimilación dos vellos cultos orixinais dos pobos cristianizados. Os casos máis notables son, con toda seguridade, as festas de [[Nadal]] e [[Xoán o Bautista|San Xoán]], versións cristianizadas das festas dos [[solsticio]]s de verán e de inverno (as [[saturnais]]).
 
En xeral, as divindades femininas da fertilidade ou os lugares de culto relacionados con estas foron cristianizados converténdoos en advocacións marianas e lugares de culto á virxe. Baste lembrar que a tradición cristiá falaba de que a virxe, trala morte e resurrección de Cristo, foi vivir con [[xoánXoán o Evanxelista|Xoán]] a [[Éfeso]], cidade do [[Templo de Artemisa en Éfeso|Templo de Artemisa]], a deusa nutricia.
 
Este xeito de cristianización, aplicado a Galicia, sobre todo ás zonas rurais, dá como resultado que moitas divindades e lugares de culto relacionadas coa terra ou a fertilidade -divindades normalmente femininas- acabaron convertidas en lugares de culto mariano.