Abrir o menú principal

Cambios

As accións francesas uniron aos príncipes no bando del Emperador. Luís esperaba que Inglaterra, gobernada polo católico [[Xacobe II de Inglaterra|Xacobe II]], se mantivera neutral no conflito, pero a ''[[Revolución Gloriosa]]'' inglesa derrocou a Xacobe, que foi substituído no trono pola súa filla [[María II de Inglaterra|María II]], que gobernou xunto co seu marido [[Guillerme III de Inglaterra|Guillerme III]] (Príncipe de Orange). Debido á inimizade que xurdiu entre Luís e Guillerme na guerra en Holanda, este decidiu unirse á Liga, a cal pasou a denominarse dende ese momento [[Gran Alianza]].
 
As campañas da coñecida como [[Guerra dos Nove Anos]] (1688–1697[[1688]]–[[1697]]) estiveron dominadas, polo xeral, polas tropas francesas. As forzas Imperiais resultaron pouco efectivas, xa que a maioría do seu exército seguía a enfrontarse ao [[Imperio otomán|otomán]]. En pouco tempo Francia conseguiu unha gran cantidade de vitorias desde Flandes, no norte, ata o val do Rin, no leste Italia. Ao mesmo tempo, Luís XIV apoiou a Xacobe II no seu intento de recuperar o trono británico, pero este non tivo éxito. Este feito provocou que Inglaterra puidera entrar con máis forza no conflito continental. No obstante, a pesar do tamaño da coalición rival, os franceses derrotaron ao exército aliado na [[Batalla de Fleurus (1690)|Batalla de Fleurus]], así como na [[Batalla de Steenkerque]] ([[1692]]) e na [[Batalla de Landen|Batalla de Neerwinden]] ([[27 de xullo]] de [[1693]]). Baixo a supervisión persoal do rei, as tropas francesas capturaron Mons en [[1691]] e a fortaleza de Namur, no ano [[1692]]. Porén, a vitoria naval francesa na [[Batalla de Beachy Head]] en [[1690]] foi contrarrestada pola vitoria angloholandesa na [[Batalla da Hogue]] en [[1692]]. A guerra durou aínda catro anos máis, ata que o Duque de Savoia firmou un acordo de paz, aliándose así cos franceses no ano [[1696]], reforzando ós exércitos franceses e facilitando a captura de [[Milán]] e [[Barcelona]].
 
A Guerra dos Nove Anos rematou en [[1697]] co [[Tratado de Ryswick]]. Luis XIV devolveu [[Luxemburgo]] e outros territorios dos que se apoderara na guerra holandesa de [[1679]], pero conservou [[Estrasburgo]]. Tamén adquiriu ''de jure'' a posesión de [[Haití]] así como a devolución dos territorios de [[Pondicherry]] e [[Acadia]]. Luís, por outra banda, tivo que recoñecer o reinado de Guillerme III e María II como soberanos de Gran Bretaña e Irlanda; de igual modo renunciou ás súas reclamacións sobre o [[Palatinado]]. España recuperou Cataluña e outros territorios perdidos, tanto na Guerra dos Nove Anos coma noutras anteriores, nos Países Baixos. Luís tamén devolveu neste tratado a Lorena ao seu duque, pero baixo a condición de permitir a libre circulación francesa no seu territorio.
 
== Véxase tamén ==
28.204

edicións