Acoirazado Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Anton45 (conversa | contribucións)
Liña 133:
==== Rol da ''Luftwaffe'' ====
A ''[[Luftwaffe]]'' foi obxectivo de fortes críticas de [[Hitler]] por non axudar ao ''Bismarck'' na mañá da súa derradeira batalla. A ''Luftflotte 3'' fora informada das intencións do barco nas primeiras horas do [[24 de maio]] e as súas unidades, principalmente [[Heinkel He 111]], poderían estar posicionadas para axudar ao buque. O [[26 de maio]] o ''Bismarck'' estaba dentro dos 1.100 km da costa francesa (segundo informou o oficial de voo Dennis Briggs voando nun Catalina do 209 Squadron). Un ataque por parte dos He 111, cun alcance máximo de 2.820 km, podería ralentizar ao ''Ark Royal'' e evitar o ataque dos [[Fairey Swordfish]] que paralizou ao ''Bismarck''. A ''Luftwaffe'' apareceu no campo de batalla ao redor dunha hora despois de que o ''Bismarck'' se afundise. 17 He-111 do ''Kampfgeschwader 28'' atacaron ao ''Ark Royal'' pero as súas bombas non acertaron o obxectivo. Só se realizaron 218 saídas da ''Luftwaffe'' apoando a Operación Rheinübung, feitas polos KG 100, KG 1, KG 54 e KG 77. A única vítima deses ataques foi o destrutor ''Mashona'', que foi afundido polo ''Kampfgeschwader 77'' o [[28 de maio]] na costa oeste de [[Irlanda]]. Un [[Focke-Wulf Fw 200 Condor]] avistou ao ''Rodney'' pero foi incapaz de comunicar a posición con precisión sen rádar. Polo tanto perdeuse a oportunidade de que a ''Luftwaffe'' atacase ao acoirazado británico. As misións significativas non se iniciaron ata as 03:00 do [[27 de maio]], e a esa hora o ''Bismarck'' xa estaba sentenciado.
 
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
[http://es.kbismarck.com/ Información sobre o buque] {{es}}
 
[[Categoría:Acoirazados]]