Mizocitose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
cursivas
Liña 1:
A '''mizocitose''' (do [[lingua grega|grego]] ''myzein'', μυζεῖν, que significa "chuchar" e ''citos'', κύτος, que significa "recipiente, vaso", e aquí "célula") é un método de alimentación que se dá nalgúns microorganismos [[heterótrofo]]s. Tamén se chama "vampirismo celular", xa que consiste en que unha célula predadora perfora a superficie doutra célula (a presa) por medio dun tubo alimenticio, e zuga o contido celular e dixíreo. Pódese absorber a porción soluble do citoplasma ou ás veces [[orgánulo]]s, que tipicamente pasan ao interior dun [[vacúolo]] da célula predadora. Cando a célula predadora engloba e incorpora unha célula completa, fálase de [[fagocitose]].
 
A mizocitose atópase, por exemplo, nos [[Myzozoa]] e tamén nalgunhas especies de [[Ciliophora]] (ambos do grupo dos [[alveolados]]). Tamén nos [[Aconoidasida]], outros alveolados, que presentan unha estrutura especializada chamada conoide.