Conquistadores casteláns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Factores: Tifus por tifo
Elisardojm (conversa | contribucións)
*tifus>tifo
Liña 57:
 
[[Ficheiro:Pizarro.jpg|miniatura|250px|Francisco Pizarro]]
Algo similar sucedeu co [[Imperio Inca]], derrotado por [[Francisco Pizarro]] en [[1531]]. A primeira epidemia de [[vexigas]] foi en 1529 e matou entre outros ao Emperador [[Huayna Cápac]], pai de [[Atahualpa]]. Novas epidemias de vexigas declaráronse en 1533, 1535, 1558 e 1565, así como de [[tifus|tifo]] en 1546, [[gripe]] en 1558, [[difteria]] en 1614 e [[sarampelo]] en 1618.<ref>Mann, Charles (2006). ''1491'', Madrid, Taurus, pag. 133 </ref>Dobyns estimou que o 90% da poboación do Imperio Inca morreu nesas [[epidemia]]s.
 
Autores como [[Jared Diamond]] resumen as causas da vitoria de Pizarro (paradigma da conquista española) en "''tecnoloxía militar baseada en armas de fogo e aceiro e cabalos, enfermidades infecciosas endémicas en Eurasia, tecnoloxía marítima europea, a organización política centralizada dos Estados europeos, e na escritura''".<ref>Jared Diamond, ''Guns, germs and steel'', 1997, ISBN 0-09-930278-0, pg. 80.</ref> Neste último sentido, Diamond explica que os erros de xuízo de Atahualpa e [[Moctezuma]], que lles levaron a ser enganados polos españois debíanse a que estes pertencían a unha sociedade alfabetizada que, grazas á escritura, tiña á súa disposición un enorme corpus de coñecemento sobre o comportamento humano e a súa historia, algo do que carecían as nacións americanas. Con respecto ás afirmacións de Jared Diamond, hai que ter en conta que as sociedades mesoamericanas descubriran a escritura varios milenios antes da chegada dos españois.