Segismundo Casado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 8 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q983925
Xoacas (conversa | contribucións)
m Guadalajara>Guadalaxara
Liña 6:
Loitou no bando republicano. En 1936 é ascendido a [[tenente coronel]]. Entre outubro e novembro de 1936 encargouse de treinar e organizar as [[Brigadas Mixtas]] do [[Exército Popular español]]. Participou na [[Batalla de Madrid|defensa de Madrid]] e na [[batalla do Jarama]]. Logo tomaría parte na [[batalla de Brunete]]. Posteriormente foi xefe do XVIII e do XXI Corpos do exército e, posteriormente, do Exército de Andalucía. O [[17 de maio]] de [[1938]], na fronte de Aragón, foi ascendido a [[coronel]], sustituíndo ao xeneral [[José Miaja]], foille encomendada a Xefatura do Exército do Centro.
 
Rotundamente contrario aos [[comunista]]s - cría que a guerra continuaba en beneficio da [[Unión Soviética]] - e convencido da inutilidade de proseguir a loita ata o final, rebélase contra o goberno de [[Juan Negrín]]. Na noite do 5 ao [[6 de marzo]] de [[1939]] crea en Madrid o [[Consello Nacional de Defensa]] que, mercé o apoio da 14ª División mandada polo líder anarquista [[Cipriano Mera]], achegada desde GuadalajaraGuadalaxara, e logo de seis días de loita, derrota as tropas fieies ao goberno na capital. Os combates remataron o [[12 de marzo]].
 
O triunfo, saudado desde o xornal "El Socialista", como unha vitoria que impedía que a España republicana se convertese nunha colonia soviética, permitíu ao Consello Nacional de Defensa - liderado por [[Julián Besteiro]] - negociar con [[Francisco Franco|Franco]], con a pretensión de obter unha paz negociada. Porén, no se obtén resultado ningún, xa que o goberno de [[Provincia de Burgos|Burgos]] só aceptaba unha rendición incondicional. Ante a inminente entrada das tropas de Franco en Madrid, Segismundo Casado partíu cara [[Valencia - València|Valencia]], e desde aí se exilia en [[Marsella]], ([[Francia]]). Posteriormente, estivo exiliado en [[Gran Bretaña]], [[Venezuela]] e [[Colombia]].